DECRETO 250/2011, do 29 de decembro, polo que se revoga a autorización para impartir determinadas ensinanzas universitarias oficiais na Universidade de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no seu artigo 8.2 que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade, mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O pleno de Consello Galego de Universidades, na xuntanza celebrada o 7 de marzo de 2011, en relación coa proposta de racionalización da oferta de estudos oficiais de posgrao na Comunidade Autónoma de Galicia, acordou que para o curso académico 2011/2012 non se poderán ofertar aqueles másteres universitarios que nos cursos 2009/2010 e 2010/2011 non teñan acadado unha media mínima de cinco alumnos matriculados. As titulacións que presenten estes resultados deberán eliminarse da oferta. En consecuencia, revogaríase a autorización de impartición destas titulacións mediante decreto da Xunta de Galicia.

Por todo isto, en aplicación do citado artigo 8.2 da Lei orgánica 6/2001, de universidades e do artigo 3.3 do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, cos informes previos favorables do Consello Social, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintenove de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único

Revogar a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR