Decreto 132/2005, do 28 de abril, polo que se modifica o Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

Coa publicación do Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos, declaráronse baixo a categoría de humedal protexido

os cinco sitios Ramsar presentes en Galicia: ría de Ribadeo, ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e areal de Valdoviño, complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo e complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.

Con posterioridade, a súa publicación, obsérvase que varios puntos do artigo 4, relativo ás limitacións e prohibicións, necesitan ser matizados para facilitar a súa correcta interpretación. Concretamente trátase dos números 6º, 7º e 9º, relativos a actividades extractivas, usos urbanísticos e infraestruturas. No que se refire a actividades extractivas, o número 6º do artigo 4 prohibe: «A extracción de area, turba ou outro tipo de sedimentos». No que se refire á construción de edificacións a actual redacción do número 7º do artigo 4, establece a seguinte prohibición: «A construción de edificacións ou infraestruturas de calquera tipo, incluída a apertura de infraestruturas viarias».

Os límites dalgúns humidais inclúen nalgún caso explotacións mineiras con dereitos vixentes, non pretendéndose a paralización da súa actividade senón a prohibición de novas explotacións, polo que cómpre matizar este punto.

Dado que os límites dalgún dos humidais protexidos declarados inclúen solo de núcleo rural e incluso nalgún caso solo urbano, xéranse tensións no ámbito urbanístico dalgúns concellos, nos que quedan incluídas varias zonas con este tipo de clasificación urbanística. Non parece lóxico, por tanto, manter a redacción actual deste punto sen realizar matización ningunha, cando, ademais, o que se pretendía en realidade era a prohibición da edificación en solo rústico.

No caso das infraestruturas, a prohibición absoluta que establece o número 7º do artigo 4 do Decreto 110/2004, do 27 de maio, tamén parece excesiva e fóra de lugar. Así, por exemplo, estarán prohibidas as infraestruturas de saneamento ou abastecemento de augas en zonas clasificadas como núcleo rural ou no seu contorno. É inevitable, por tanto, unha nova redacción deste punto consonte os termos expostos.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do su presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR