Decreto 48/2007, do 15 de marzo, polo que se crea o Centro de Día de Maiores de Volta do Castro, no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.23º do Estatuto de autonomía para Galicia, en concordancia co artigo 148.1º 20 da Constitución española, establece a competencia exclusiva da comunidade autónoma no ámbito da asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, estruturado en dous niveis de atención, primaria e especializada.

A dita norma veu regular os servizos sociais de atención especializada dirixidos ao colectivo das persoas maiores, e establece determinados programas e equipamentos, entre os que figuran os centros de día, encamiñados a acadar a autonomía persoal e a integración social deste sector poboacional.

En desenvolvemento da lei, e co fin de garantir a axeitada prestación dos servizos, acreditar a calidade da atención e recoñecer os dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servizos sociais. Esta disposición regula a obrigatoriedade de obter autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que eles deben cumprir.

Neste senso, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servizos sociais e o artigo 6 do Decreto 243/1995, para a creación de centros de servizos sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto.

En consecuencia, e por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único

Crear o Centro de Día de Maiores de Volta do Castro no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o vicepresidente da Igualdade e do Benestar para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR