Decreto 45/2007, do 1 de marzo, polo que se declara monumento natural A Carballa da Rocha, no concello de Rairiz de Veiga.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Carballa da Rocha é unha árbore da especie Quercus robur L, sita no termo municipal de Rairiz de Veiga, dentro da comarca da Limia, na provincia de Ourense, que constitúe un elemento da natureza erixido nunha formación arbórea de notoria singularidade e beleza que presenta un interese científico, cultural e paisaxístico, merecedor de ser obxecto dunha especial protección.

A zona localízase na bacía do río Limia, onde antigamente se atopaba A Lagoa de Antela, próxima ao LIC Veiga de Ponteliñares. Esta árbore é o individuo máis espléndido dunha masa boscosa de titularidade privada, integrada nun conxunto de prados e sebes de gran valor e diversidade florística. Presenta un fuste impresionante, cun perímetro, medido a 1,30 metros de altura, de 6,90 metros, que se bifurca aos 7 metros de altura en dúas pólas de grandes dimensións e acada a excepcional altura total de 33 metros.

O carballo mostra unha vitalidade excelente, sen feridas nin podrerías e sen ningún síntoma de praga ou presenza de ataques fúnxicos foliares.

A paisaxe do contorno vén conformada polos usos agrogandeiros tradicionais da zona, que se alternan con masas forestais, configurando un ecosistema de gran biodiversidade, potenciado pola proximidade do LIC ES 1130005; salienta que no contorno inmediato se localiza a zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN), declarada polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais, como o LIC ES 1130006 Veiga de Ponteliñares, que presenta formacións de vexetación herbácea e arbustiva produto do ecosistema de auga doce da zona.

A trascendencia social, histórica e cultural da Carballa da Rocha é de grande importancia debido á súa proximidade á capela da Virxe da Mercé, lugar de celebración das romarías da zona, así como por ser protagonista de numerosas lendas e contos populares. Débese manter, polo tanto, a integridade dos valores morfolóxicos, históricos e culturais da Carballa da Rocha e fomentar o seu coñecemento.

Estes recursos naturais precisan dunha protección que garanta a súa conservación e que asemade sexa compatible co uso público e gozo da natureza neste espazo, tal como se sinala na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR