Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, supón a plasmación do compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia adquirido polo Goberno galego.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese xa no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que implica a redución por fusión e a racionalización da estrutura que anteriormente tiñan asignadas tres consellerías.

Dentro deste proceso cabe aludir, pola súa relevante significación, en termos de austeridade, eficacia e racionalización da xestión, á reformulación da estrutura da Administración autonómica periférica da Xunta de Galicia operada coa aprobación do Decreto 254/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Estes cambios esenciais na filosofía organizativa e na xestión pública deben ter a necesaria continuidade na configuración da estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que require a xestión do ámbito competencial propio, atendendo a criterios de eficiencia e racionalidade no gasto público.

Seguindo estas premisas, o novo modelo de estrutura orgánica aposta por unha clara redución e simplificación de órganos que se constata, de maneira particularizada, na supresión de unidades como consecuencia da fusión das anteriores consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Vivenda e Solo.

En particular, polo que se refire á estrutura da Administración periférica, este decreto recolle o modelo organizativo plasmado no Decreto 245/2009, do 30 de abril, de tal forma que, en aplicación dos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos/ás delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito competencial, de acordo co artigo 2 da norma citada.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Título I

Ámbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas e mobilidade consonte o establecido na EAG nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2º Estrutura da consellería.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

  4. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

  5. A Dirección Xeral de Infraestruturas.

  6. A Dirección Xeral de Mobilidade.

  7. A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

Artigo 3º Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  1. Quedan adscritos a esta consellería en virtude do disposto no artigo 3º do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:

    1. O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creada pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

    2. O organismo autónomo Augas de Galicia creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e cuxo regulamento foi establecido polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro.

    3. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.

    4. O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos foi creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e os seus estatutos foron aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.

    5. A Delegación da Xunta de Galicia nas Sociedades Galegas de Autoestradas de Peaxe, creada polo Decreto 390/1996, do 31 de outubro.

  2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

    1. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

    2. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1º d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

    3. A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.

    4. O Consello Galego de Transportes regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

    5. O Xurado de Expropiación de Galicia creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

    Título II

    Servizos centrais

    Capítulo I

Artigo 4º O/a conselleiro/a.

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Sección primeira

Da Secretaría Xeral

Artigo 5º Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6º Estrutura.
  1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral contará cos seguintes órganos:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

    3. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

    4. Subdirección Xeral de Informática.

    5. Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección.

  2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio, a Asesoría Xurídica de Infraestruturas e a Intervención Delegada que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    As asesorías xurídicas de Medio Ambiente e Territorio e de Infraestruturas rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverán as funcións previstas no artigo 13.2º do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contarán co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

    Sección segunda

    Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7º Funcións.

Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

  1. Suplencia do/a secretario/a xeral nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante.

  2. Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

  3. Coordinación, tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación seguidos por instancia da consellería que non sexan competencia doutros órganos da consellería.

  4. Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da consellería.

  5. Asesoramento e emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

  6. Coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.

  7. Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.

  8. En xeral prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral, por razón da súa competencia.

Sección terceira

Da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica

Artigo 8º Funcións e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR