Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

I

O artigo 103.1º da Constitución española establece que a Administración pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de autonomía para Galicia, establece nos seus artigos 39 e 41 que corresponde á comunidade autónoma a creación e estruturación da súa propia Administración pública, dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado, exercendo as súas funcións administrativas mediante órganos e entes dependentes da Xunta de Galicia.

II

Seguindo ese mandato, constitucional e estatutario, de acordo cos criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa, e coa finalidade de establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, aprobouse o Decreto 79/2009, do 19 de abril, que determina que a Xunta de Galicia queda integrada por dez departamentos.

O compromiso con eses criterios que deben inspirar a actuación da Administración pública ten o seu correspondente reflexo nas estruturas orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia fixadas mediante o Decreto 83/2009, do 21 de abril, cunha redución que chega ao 17% nas secretarías xerais, direccións xerais e órganos de igual categoría con respecto á situación anterior, salvagardando, en todo caso, a necesaria eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración.

III

Ben que ata o de agora a organización da Administración periférica da Comunidade Autónoma de Galicia tiña o seu apoio na figura dos delegados provinciais das distintas consellerías, mediante o decreto polo que se fixan as novas estruturas orgánicas desaparecen as 52 delegacións provinciais e territoriais existentes ata agora, que son substituídas, de acordo cos principios antes sinalados, pola nova figura das delegacións territoriais.

As delegacións territoriais quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con nivel orgánico de dirección xeral, e a súa estrutura orgánica, o seu ámbito territorial e as súas competencias deben ser establecidos mediante decreto (artigo 1 e disposición adicional primeira do Decreto 83/2009, do 21 de abril).

Así, con este obxectivo básico de impulsar a modernización e racionalización da xestión da Xunta de Galicia, procede reformular a estrutura da Administración periférica, acometendo un proceso de remodelación arredor da figura das novas delegacións territoriais, concibidas como órganos de dirección e coordinación da actuación da Administración autonómica dentro dos seus respectivos ámbitos.

Configúranse, asemade, como órganos decisorios e representativos do presidente da Xunta e do Goberno autonómico e coordinadores da Administración periférica da Xunta de Galicia.

Respecto aos demais órganos administrativos dependentes da delegación territorial, o decreto crea os órganos básicos das delegacións e pospón a un ulterior desenvolvemento a fixación da estrutura pormenorizada de cada un deles, no cal deberán ser tidas en conta, de ser o caso, as peculiaridades e necesidades administrativas de cada unha das áreas funcionais e territoriais.

IV

En canto ao seu ámbito territorial, estará delimitado pola respectiva provincia, salvo as delegacións de Pontevedra e Vigo. Á Delegación Territorial de Pontevedra correspóndenlle todos os concellos da provincia, coa excepción dos que se relacionan a seguir: Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.

Estes catorce concellos integrarán o ámbito territorial da Delegación Territorial de Vigo, en consonancia coa área xeográfica que, cando menos nun principio, se prevé que integre a futura Área Metropolitana de Vigo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 83/2009, do 21 de abril, en uso das atribucións conferidas polos artigos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR