Decreto 137/2010, do 5 de agosto, polo que se modifican os estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúe a competencia de planificación e coordinación das funcións atribuídas a Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.), á Secretaría Xeral de Medios e á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, quedando establecido un réxime de colaboración entre os dous órganos dependentes da Presidencia, polo que se fai preciso modificar os estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.), para o que, e de conformidade co disposto nos artigos 44 a 47 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 111 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, por proposta da conselleira de Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de agosto de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo único Modificar o artigo 16 dos estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.), aprobados polo Decreto 58/1997, do 20 de febreiro, que queda redactado no seguinte termo:

Artigo 16º.-O Consello de Administración.

1. O Consello de Administración estará integrado por un número de conselleiros/as que non será inferior a tres nin superior a sete.

2. Será o/a presidente/a do Consello de Administración o/a secretario/a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR