Decreto 60/2006, do 30 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Narón, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras de remate de beirarrúas en Piñeiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O concello de Narón, en sesión celebrada o día vinte e nove de xullo de dous mil cinco, aprobou o proxecto de remate de beirarrúas en Piñeiros e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, durante os últimos anos levouse a cabo a execución da urbanización xeral da estrada de Castela, dotándoa dos servizos de abastecemento, saneamento, pluviais, comunicacións, gas e iluminación, así como a pavimentación e a realización de aparcamentos, quedando estas actuacións interrompidas ou con desvíos provisionais, polo que procede o remate da beirarrúa, eliminando deste xeito as dificultades no tránsito da zona e evitando que os peóns invadan a calzada, sendo este último aspecto de moita relevancia, ao existir unha residencia de anciáns nesa mesma beirarrúa, que se ven obrigados a utilizala co conseguinte risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR