Resolución do 14 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial da central de transportes no termo municipal de Ponte Caldelas, no Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), promovido pola Dirección Xeral de Transportes, Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur Pontevedra, S.A.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 17 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial da central de transportes no termo municipal (TM) de Ponte Caldelas, no Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), promovido pola Dirección Xeral de Transportes, Instituto Galego de Vivenda e Solo e Xestur Pontevedra, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os documentos titulados:

-Proxecto sectorial de central de transportes no TM de Ponte Caldelas. Xuño 2002.

-Anexo ó proxecto sectorial de central de transportes no TM de Ponte Caldelas que recolle as recomendacións da Dirección Xeral de Urbanismo. Setembro 2002.

-Estudio de impacto ambiental dos proxectos sectoriais da central de transportes e parque empresarial de Ponte Caldelas (Pontevedra). Decembro 2002.

-Estudio de impacto cultural do centro de transportes de Ponte Caldelas (Pontevedra). Maio 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

  1. Ámbito da declaración.

    Esta declaración refírese exclusivamente ó proxecto desenvolvido no documento titulado Proxecto sectorial de central de transportes no TM de Ponte Caldelas. Xuño 2002. O proxecto obxecto desta DIA localízase no concello de Ponte Caldelas, na zona definida no plano nº 2 titulado Localización das estructuras. Decembro 2002, achegado no Estudio de impacto ambiental dos proxectos sectoriais da central de transportes e parque empresarial de Ponte Caldelas (Pontevedra). Decembro 2002 (de aquí en adiante EIA).

    O ámbito desta DIA comprenderá tanto a fase de obras como a fase de explotación da central, de xeito que o condicionado que segue vinculará a construcción desta e o funcionamento das instalacións que no futuro se desenvolvan nela, sen detrimento da normativa ambiental que, se é o caso, sexa de aplicación para cada unha destas instalacións.

  2. Protección da atmosfera.

    2.1. Sobre as emisións de po e gases.

    2.1.1. A maquinaria empregada no proceso constructivo cumprirá coa normativa de emisións que lle resulte de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

    2.1.2. Queda prohibida a queima de restos ou de calquera tipo de material, sen a autorización correspondente.

    2.1.3. Tal como se indica no EIA e co fin de evita-las posibles alteracións da calidade do aire por emisión de po á atmosfera durante a fase de obras debido á acción da maquinaria e os movementos de terra, levarase a cabo a rega das superficies de actuación. Asemade, procederase ó lavado de rodas dos camións á saída da zona de obras.

    2.2. Sobre o ruído.

    2.2.1. Tendo en conta a proximidade de vivendas á localización do proxecto, adoptaranse as medidas indicadas no EIA, para que os niveis de ruído producidos durante a fase de construcción e funcionamento, cumpran co disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanazas municipais ó respecto.

  3. Protección dos solos.

    3.1. De forma previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de xeito que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio. Igualmente, do mesmo xeito, definiranse os vieiros a utilizar no marco do proceso constructivo, debendo estar xustificado o emprego de zonas diferentes ás trazas dos vieiros definitivos. Estes deberán ser definidos e reflictidos en planos a escala 1:1.500 tal e como se require no punto 11.2.

    3.2. Retirarase e amorearase a terra vexetal procedente dos labores de escavación e movementos de terras, tal e como se indica no EIA, co obxecto de empregala posteriormente no proceso de restauración paisaxística. As zonas de amoreamentos de terra vexetal decidiranse previamente ó inicio das obras, elixíndoas de xeito que ademais de estar autorizadas, pola súa situación, morfoloxía e características garantan a non afección a cursos de auga, tanto directa como indirectamente. Esta terra vexetal mentres permaneza almacenada non poderá ser mesturada con ningún tipo de entullos e a súa localización indicarase nos planos requiridos no punto 11.3

    3.3. Os amoreamentos deberán facerse de xeito que se impida a súa deterioración por compactación (polo paso de maquinaria) ou por erosión hídrica.

    3.4. Naquelas zonas afectadas por movementos de terra, escavacións e, en xeral, todas aquelas operacións de obra que supoñan a aparición de superficies espidas, procederase á súa revexetación unha vez se acaden as superficies definitivas, co obxecto de evita-la aparición de fenómenos erosivos.

    3.5. Previamente á realización de tarefas de mantemento e reparación da maquinaria de obra non apta para circular por estrada, deberán dispoñerse na zona os medios necesarios para evita-la chegada de vertedura accidentais ó solo, facilitando a súa recollida. No caso da maquinaria apta para esta circulación, estas tarefas deberán realizarse en talleres autorizados.

    3.6. Delimitarase, asemade, un espacio destinado a acollida das instalacións auxiliares de obra (parque de maquinaria, zona de almacenamento de materiais, etcétera). Deberá localizarse en espacios carentes de valores ambientais relevantes, e estar dotada dos equipamentos necesarios para asegurar un funcionamento ambientalmente seguro das ditas instalacións. Esta zona ou zonas reflictiranse no plano requirido no punto 11.3.

  4. Sobre os residuos.

    4.1. Tódolos residuos xerados xestionaranse conforme a lexislación vixente de aplicación, en función da súa natureza, primando a súa reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

    4.2. O almacenamento temporal de residuos, á espera da súa entrega a xestor autorizado, realizarase en lugares previamente seleccionados, dotándoos dos medios necesarios para garanti-la non afección ó medio por verteduras accidentais, debéndose informa-lo persoal de obra sobre a situación destas zonas.

  5. Protección das augas.

    5.1. A vertedura directa ou indirecta de augas e productos residuais susceptibles de contamina-las augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, tanto durante a fase de obras como na de funcionamento da central de transportes, deberá contar coa previa autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

    5.2. Durante a fase de obras, disporase dun sistema de recollida, conducción e decantación das augas pluviais ou das procedentes da rega da zona de obras, caídas no interior da superficie de actuación. Este sistema de drenaxe reflictirase no plano solicitado no punto 11.4 desta DIA.

    5.3. O deseño dos dispositivos de drenaxe da rede viaria realizarase de xeito que se evite a formación de asolagamentos ou deposicións nos puntos de incorporación á rede natural.

    5.4. Non estando definida no estudio presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, áridos ou aglomerado asfáltico, estes, necesariamente, serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións, salvo que se solicite revisión da DIA coa inclusión da planta ou plantas. En caso de estar interesados en realizar estas instalacións para servicio da obra no lugar no que se sitúa o proxecto, rexerá o disposto no punto 13.3 da presente DIA.

  6. Protección da vexetación.

    6.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.

    6.2. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, facendo a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

    6.3. Os restos vexetais que se produzan deberán ser xestionados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR