Resolución do 31 de outubro de 2008 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE VIGO
Rango de LeyResolución

No cadro de persoal da Universidade de Vigo existen postos de traballo vacantes de persoal funcionario de administración e servizos, dotados orzamentariamente e adscritos aos subgrupos A1, A2, C1 e C2, e a súa provisión é estipulada mediante concurso, consonte o establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no capítulo III do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Deste xeito, esta reitoría, en uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, resolveu convocar concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo II desta resolución, que se desenvolverá con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira.-Obxecto.

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión de postos de traballo vacantes na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, adscritos aos subgrupos A1, A2, C1 e C2, polo sistema de concurso de méritos.

Segunda.-Normativa reguladora.

Esta convocatoria de concurso rexerase polo disposto nestas bases e, ao non previsto expresamente nelas, seralle de aplicación:

  1. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

  2. A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

  3. O Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

  4. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  5. O Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

  6. Os estatutos da Universidade de Vigo.

    Terceira.-Requisitos e condicións de participación.

    3.1. Concursantes forzosos. Están obrigados a participar neste concurso os funcionarios destinados nesta universidade que teñan atribuído un posto de traballo mediante adscrición provisional nas seguintes situacións:

  7. Remoción do posto de traballo obtido por concurso ou cesamento nun posto de libre designación.

  8. Reingreso ao servizo activo procedente dunha situación que non comporte dereito á reserva do posto de traballo.

  9. Supresión do posto de traballo obtido por concurso.

  10. Os funcionarios das universidades da Coruña e Santiago de Compostela que estean a desempeñar un posto en comisión de servizos na Universidade de Vigo dentro do prazo de presentación de solicitudes, en aplicación do disposto no punto 5 do Acordo de mobilidade interuniversitaria subscrito entre as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

    3.2. Requisitos de participación:

    3.2.1. Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira destinados na Universidade de Vigo con carácter definitivo ou mediante adscrición provisional (fóra dos supostos do punto 3.1.) que leven como mínimo dous anos de servizos prestados no destino definitivo, calquera que sexa a súa situación administrativa, e que, pertencendo aos corpos e escalas clasificados nos grupos a que se refire o artigo 76 da Lei 7/2007, reúnan os requisitos establecidos na lexislación de funcionarios e os exixidos para desenvolver os postos aos cales se opta, consonte o especificado en cada caso na vixente relación de postos de traballo e no anexo II desta convocatoria.

    No cómputo do devandito período incluirase o tempo de destino provisional que, de ser o caso, con carácter excepcional, desempeñasen nun posto os funcionarios de novo ingreso.

    3.2.2. Cumprindo os requisitos anteriores, tamén poderán participar os funcionarios daquelas administracións coas cales a Universidade de Vigo teña asinado un convenio de reciprocidade nesta materia.

    3.2.3. Non poderá participar o persoal suspenso en firme, mentres dure a suspensión, nin o persoal docente e investigador a que se refire o artigo 1.2º do Decreto lexislativo 1/2008.

    3.2.4. Os excedentes voluntarios da Universidade de Vigo do artigo 57 do Decreto lexislativo 1/2008 e os procedentes da situación de suspensión de funcións, xuntarán á súa solicitude cunha declaración de non ter sido separados do servizo de calquera Administración pública nin estar inhabilitados para o exercicio de cargo público.

    3.3. Os funcionarios destinados nesta universidade que teñan atribuído, mediante adscrición provisional, o desempeño dun posto de traballo, así como os removidos do posto de traballo obtido por concurso, deben solicitar todos os postos (vacantes ou non) na súa localidade, reservados ao seu grupo de pertenza.

    3.4. Todos os requisitos, méritos e prazos establecidos deberán estar referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    Cuarta.-Solicitude e documentación.

    4.1. As solicitudes tramitaranse de acordo coas instrucións que acompañan esta convocatoria (anexo I). Unicamente se admitirán as que se xeren por vía telemática tras introducir os postos solicitados, que se dirixirán ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e que se presentarán nos rexistros xeral e auxiliares da Universidade de Vigo, ou consonte o previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    4.2. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes aos méritos que aduzan incluíndo o proxecto (punto 6.2.), deberán posuírse e estar referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán acreditarse documentalmente dentro do prazo de presentación de solicitudes exclusivamente. A comisión de valoración poderá solicitarlle ao concursante a documentación compulsada ou a orixinal.

    4.3. Os méritos enumerados nas epígrafes A, B, C e F acreditaranse mediante certificado expedido de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos, consonte a documentación existente no expediente persoal do solicitante. O Servizo de Persoal de Administración e Servizos remitirállelo simultaneamente á comisión de valoración e aos interesados.

    4.4. Os méritos enumerados nas epígrafes D, E e G valoraranse exclusivamente con base nas copias dos títulos e cursos que se deberán achegar de acordo co previsto no punto 4.2.

    4.5. Os funcionarios que concursen a prazas de nivel de complemento de destino 28 deberán achegar coa solicitude os méritos profesionais (punto 6.2.2.) e o proxecto (punto 6.2.3.) consonte co previsto na base sexta desta convocatoria.

    4.6. No caso de que lles fose adxudicado algún dos postos solicitados, os funcionarios con...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR