Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyResolución

A Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, dispón no seu artigo 2 que a selección de persoal das entidades, fundacións e sociedades mencionadas no seu artigo 1, entre as que se atopa incluída o Instituto Galego da Calidade Alimentaria, efectuarase con respecto aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria. Así mesmo dispón no artigo 1.2º que a actuación en materia de persoal e contratación se someterá obrigatoriamente a un plan de igualdade para eliminar a discriminación por razón de sexo.

A devandita Lei 10/1996, no seu artigo 7.2º, sinala a posibilidade de que as entidades de dereito público se acollan a un sistema de listas previo por categorías, para proceder á celebración de contratos laborais de duración determinada, que se confeccionará despois do pertinente anuncio público, de conformidade co baremo aprobado pola entidade respectiva.

Polo exposto, o presidente do Ingacal, no exercicio da competencia prevista no artigo 8 do Decreto 259/2006, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, e tras o acordo do consello de dirección do Ingacal do 30 de abril de 2008, resolve convocar o proceso de elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Estas bases regulan o proceso de presentación de solicitudes e elaboración de listas para a cobertura, con carácter temporal, de determinados postos de traballo no Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Segunda.-Solicitudes.

As persoas interesadas en formaren parte dunha ou de varias categorías ou listas deberán presentar as súas solicitudes, segundo o modelo anexo II, xunto coa documentación que se indica nas bases «Terceira.-Requisitos xerais», «Cuarta.-Requisitos específicos de cada categoría», e «Quinta.-Baremo de méritos» desta resolución no prazo de trinta días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, rúa das Fontiñas 31-baixo, 15073 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que unha persoa solicite a súa inclusión en máis dunha categoría ou lista, terá que presentar unha solicitude por categoría ou lista, e xuntaralle a cada unha delas o xustificante de ingreso da taxa correspondente. Conforme o establecido na alínea f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, non será necesaria a presentación dos documento exixidos que xa estean en poder do Ingacal.

Terceira.-Requisitos xerais.

Para poder inscribirse nas listas, ademais dos requiridos para cada categoría, as persoas interesadas deberán cumprir os requisitos seguintes:

  1. Ser español, ou nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados en que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

    Tamén poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España, así como o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade, que vivan ás súas expensas. Este beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

  2. Ter cumpridos os 18 anos e non ter acadada a idade de xubilación.

  3. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

  4. Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR