Decreto 130/2005, do 12 de maio, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, de predios situados na parroquia de Queixeiro, no termo municipal de Monfero (A Coruña), como medida compensatoria do proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Consellería de Medio Ambiente, en virtude do informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental do 2 de outubro de 2001, manifestou a súa conformidade coa aceptación da cesión de terreos situados no termo municipal de Monfero (A Coruña), como medida compensatoria proposta pola sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A., no marco da declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela, adoptada por Resolución do 31 de xaneiro de 2001.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos que resultan do escrito do oito de maio de dous mil dous de Unión Fenosa Distribución, S.A., coa conformidade da Consellería de Medio Ambiente, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita pola sociedade Unión Fenosa Distribución S.A. de dous predios que se describen a continuación, situados na parroquia de Queixeiro, termo municipal de Monfero (A Coruña), como medida compensatoria do proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Eume-Mourela.

-Parcela denominada Castelo, cunha superficie de dúas hectáreas, setenta áreas e trece centiáreas. Linda ao norte, con pista de servizo ao pantano; ao sur, camiño da Cancela, Manuela Couce Antón; ao leste, monte dos veciños de San Bartolomé; e ao oeste, Manuela Couce Antón e monte dos veciños de San Bartolomé e Antón Faraldo Permuy. Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, no tomo 749, libro 43, folio 3, predio número 7.710, inscrición 1º.

-Parcela denominada Regueiro Seco, Penedo da Lomba e Castelo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR