Resolución do 27 de marzo de 2007 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da sociedade pública desta sociedade.

SecciónVI. Anuncios
EmisorAUTOESTRADA ALTO DE SANTO DOMINGO-OURENSE, S.A.
Rango de LeyResolución

De conformidade co Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a sociedade pública Autoes-

trada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., en diante Aceousa, modificado polos decretos 310/2003 e 400/2003, de 11 de xullo e 6 de novembro, respectivamente, e en cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convocar probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de Aceousa, con suxeición ás seguintes bases de convocatoria:

  1. Normas xerais:

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir unha praza de administrativo/a polo sistema de acceso libre, procedemento de oposición (clave: 1.3.1.2.1 administrativo/a da relación de postos de traballo de Aceousa).

    1.2. A adxudicación de cada praza ao aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase a favor daquel que obteña a maior puntuación final no conxunto das probas.

    1.3. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorridos trinta días naturais desde a publicación desta convocatoria, publicándose a data, a hora e o lugar deste exercicio así como dos seguintes no taboleiro de anuncios de Aceousa.

    1.4. Os aspirantes aos que lles sexa adxudicada a praza serán contratados como persoal laboral fixo da sociedade, publicando a comisión, na sede de Aceousa, a relación nominal dos aspirantes que superaron o proceso.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Requisitos mínimos xerais dos candidatos:

    1. Ter cumpridos os dezaoito anos.

    2. Estar en posesión da titulación exixida para cada praza.

    3. Non padecer limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

    4. Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

    5. Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

    Tamén poderán participar o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e dos nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de tra

    balladores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensa.

    2.2. Requisitos mínimos específicos dos candidatos:

    2.2.1. Administrativo/a.

    -Título mínimo exixido: bacharelato, FP ciclo superior ou equivalente.

    2.3. Todos os requisitos, xerais e específicos, se deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de incorporarse a ocupar a praza logo do asinamento do correspondente contrato.

  3. Solicitudes.

    3.1. Forma.

    Quen desexe tomar parte nas probas selectivas deberá presentar solicitude, en instancia axustada ao modelo que figura como anexo I desta resolución, xuntando ademais:

    1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    2. Documentos acreditativos dos requisitos mínimos xerais e específicos.

    Ademais, os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

    Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ben por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR