Resolución do 1 de febreiro de 2001 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en fomento da innovación vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

Vacante a praza de técnico en fomento da innovación, nº 1 da vixente relación de postos de traballo de persoal laboral, e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección do concurso-oposición para a súa provisión, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos.

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e modificados polo decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto) e polo Decreto 41/2000, do 25 de febreiro (DOG do 2 de marzo),

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico en fomento da innovación, grupo I.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

  1. Solicitudes.

    1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo o modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose, ademais, o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

    Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

    As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001) ou en Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15403), ou nas

    restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

    As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    1.2. Os dereitos de exame serán de 7.755 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, na conta corrente número 0182-0470-40-0207957986, «Probas selectivas para técnico en fomento da innovación», a nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso; a falta desta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento supoñerá a substitución do trámite de presentación, no tempo e forma, da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.

    1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria e deberá incorporarse á solicitude.

    1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

    1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

    1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no tratado constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de

      vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación ós familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

    2. Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

    3. Estar en posesión dunha titulación de licenciado universitario ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

    5. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de cualquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

      2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

  3. Discapacidades.

    3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

    3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo lle xurdisen dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de técnico en Fomento da Innovación, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

  4. Listas de admitidos e excluídos.

    4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos, que serán...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR