Resolución do 11 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2010-2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

Primeiro.-Obxecto.

O Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu título V os criterios de admisión nos ciclos formativos de graos medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, na súa disposición derradeira primeira, autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas precisas para o seu desenvolvemento, así como para fixar prazos diferentes aos previstos nesta orde para a admisión de solicitudes e para a formalización de matrícula.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.

  1. Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, e consonte o disposto na Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2010-2011 serán os seguintes:

    1. O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

    2. O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.

  2. A documentación que cumprirá presentar será a establecida no artigo 12 da devandita orde, para ciclos formativos polo réxime ordinario, e no artigo 13º, para módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas.

  3. Con independencia dos requisitos xerais de acceso e de acordo coa disposición adicional segunda da citada Orde do 5 de xuño de 2007 e do artigo 31 da Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, a admisión ao ciclo formativo de grao medio de mergullo a media profundidade requirirá ter dezaoito anos cumpridos no momento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra e en piscina, un exame médico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao oxíxeno hiperbárico.

    Dado que, por motivos de seguridade ou saúde, a admisión neste ciclo formativo está ligada á superación de probas de carácter psicofísico, só se terán en conta as solicitudes presentadas nos centros que impartan estas ensinanzas.

    Para a realización das devanditas probas, as persoas aspirantes deberán achegar un certificado médico vixente no momento de presentación da solicitude.

    Segundo.-Procedemento de admisión e matrícula no período ordinario polo réxime ordinario.

  4. As secretarías dos centros, ademais de recolleren as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de graos medio e superior, cargarán os datos de inscrición para o primeiro curso na aplicación informática Ciclosweb, facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

    A formalización dos datos na aplicación informática realizarase desde o 17 de xuño ata as 14.00 horas do día 2 de xullo.

  5. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español deben formalizar os datos na aplicación informática, agás a puntuación outorgada polo expediente académico, que lle corresponde á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Para tales efectos o centro, que será o encargado de gardar a documentación orixinal e de velar por ela, procederá á remisión inmediata por fax á Subdirección Xeral de Formación Profesional do expediente académico expedido no estranxeiro, así como da documentación xustificativa dos requisitos académicos (artigos 22 e 12 da Orde do 5 de xuño de 2007, respectivamente), facendo constar na primeira páxina a condición de orixinalidade ou cotexo da devandita documentación.

    O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 2 de xullo.

  6. Nos centros que reciban solicitudes de alumnado que acredite algún tipo de discapacidade, o xefe ou a xefa do departamento de orientación realizarán un ditame de escolarización, contando coa axuda, de ser necesario, do equipo de orientación específico da provincia correspondente. Neste ditame, cuxa finalidade é a de proporcionar unha orientación específica ao alumnado, incluirase a proposta razoada de escolarización en función das necesidades do alumno ou a alumna que, en consecuencia, poderá modificar a súa solicitude.

    O centro enviará polo trámite de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional a solicitude do alumno ou a alumna, e a documentación a que fai referencia a alínea e) do artigo 12 da Orde do 5 de xuño de 2007.

    A comisión autonómica de escolarización, á vista desta documentación, valorará as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garantir a eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título.

    O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 5 de xullo ás 14.00 horas.

    A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización, que remitirá a cada centro educativo o día 9 de xullo. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas incluídas na listaxe.

    Logo de emitido o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 12 e 13 de xullo. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 19 de xullo. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas afectadas.

  7. Os centros farán pública o día 7 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá ser aprobada polo consello escolar o consello social.

    Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

    Establécese un prazo de reclamacións ata o día 13 de xullo ás 13.00 horas.

  8. As persoas solicitantes de admisión ao ciclo formativo de grao medio de mergullo a media profundidade serán informadas no momento da inscrición polo centro que imparta o devandito ciclo da data, o lugar e a hora en que se vaia realizar a proba a que se fai referencia no punto cuarto da disposición primeira desta resolución. Os resultados destas probas exporanse antes do 20 de xullo no taboleiro de anuncios do centro.

  9. Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros terán de prazo ata o día 13 de xullo ás 14.00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. O día 19 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

  10. O día 20 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación. Esta relación e as sucesivas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

  11. No prazo abranguido desde o día 20 ao día 23 de xullo ás 13.00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro que se lle adxudicase, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

    Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 23 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

  12. O día 27 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde han aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

    Esta relación deberá contar en cada centro coa aprobación do consello escolar ou consello social correspondente.

  13. No prazo abranguido desde o día 27 ao día 30 de xullo ás 13.00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro que se lle adxudicase, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en lista de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR