Resolución do 26 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións, modificacións e disolucións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyResolución

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, así como as modificacións e disolucións que se citan.

  1. Constitucións:

    1. A Sociedade Agraria de Transformación Agropegal, SAT nº 1403 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio social no lugar de Churiz - Caraño - 27270 Pol (Lugo); obxecto social: explotación intensiva bovino de leite; capital social: 330.000 €; nº de socios: 3.

    2. A Sociedade Agraria de Transformación Os Chans, SAT nº 1404 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio social no lugar de Cartel, nº 18 - Moraime - 15124 Muxía (A Coruña); obxecto social: xestionar unha única empresa ou explotación agraria, na cal se integrarán os dereitos de usos e aproveitamento de bens susceptibles de explotación agraria cedidos, e a prestación de traballo persoal, así como os bens que por calquera título posúa a entidade; capital social: 458.500 €; nº de socios: 4.

  2. Modificacións:

    1. A Sociedade Agraria de Transformación Peteira, SAT nº 1338 XUGA, na asemblea xeral do 23 de abril de 2010, que ratifica a do 3 de febreiro de 2010, toma os seguintes acordos:

      1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por: Serafín Peteira García, presidente; María Carmen Fernández Mouriz, secretaria; Manuel Peteira Fernández e Sonia Peteira Fernández, como vogais.

      2. Modificar o artigo 11 do seu estatuto social, segundo detallan na acta da asemblea.

    2. A Sociedade Agraria de Transformación O Chope, SAT nº 1351 XUGA, na asemblea xeral do 15 de abril de 2010, toma os seguintes acordos:

      1. Aprobar a incorporación como novos socios de: José Ramón García Carreira, Visitación Isabel Iglesias Valladares e José Ramón García Iglesias. Estas altas de socios levan implícita a modificación do capital social, que queda cifrado en 392.728 €, representado por 700 recibos nominativos de 561,04 € cada un.

      2. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Manuel Iglesias Fernández, presidente; Visitación Isabel Iglesias Valladares, vicepresidenta; Manuel Iglesias Canda, secretario; José Ramón García Iglesias, tesoureiro; Jose Ramón Iglesias Canda, Jesusa Canda Pereiras e José...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR