Decreto 136/2004, do 17 de xuño, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio 1.478, da zona de concentración parcelaria de Lousame (Lousame).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O Concello de Lousame solicitou a cesión en propiedade dun inmoble situado no seu termo municipal, o predio sobrante nº 1.478 da zona de concentración parcelaria de Lousame (Lousame), que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimenteria e Desenvolvemento Rural do 5 de novembro de 2003 (DOG nº 229, do 25 de novembro) declarouse a alienabilidade do antedito inmoble.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Lousame do seguinte ben inmoble:

Predio nº 1.478 da zona de concentración parcelaria de Lousame, concello de Lousame, que ten unha superficie de 18 áreas e 55 centiáreas, que estrema: norte, Teresa Blanco Filgueira (1.477); sur, con estrada do Confurco e terreo excluído; leste, Manuel Blanco Filgueira (1.479) e terreo excluído; oeste, José Maroñas Martínez (1.476), Arturo Abeijón Santiago (1.468-1) e terreo excluído; inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 1.032, libro 123, folio 175, predio nº 12.174.

Artigo 2º

A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión serán a dedicación do predio nº 1.478 a fins e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR