Decreto 49/2005, do 4 de marzo, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio 270, da zona de concentración parcelaria de Santiago de Novefontes (Touro-A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O concello de Touro solicitou a cesión en propiedade dun inmoble situado no seu termo municipal, o predio sobrante nº 270 da zona de concentración parcelaria de Santiago de Novefontes (Touro), que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimenteria e Desenvolvemento Rural do 28 de outubro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 26 de novembro) declarouse a alleabilidade do antedito inmoble.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do concello de Touro do seguinte ben inmoble:

  1. Predio nº 270 da zona de concentración parcelaria de Santiago de Novefontes, concello de Touro, que ten unha superficie de 1.655 m, que estrema: norte, Luis Couto Otero (268); sur, camiño; leste, camiño, e oeste, camiño que separa da igrexa católica (271). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 649, libro 92, folio 184, predio nº 18.038.

Artigo 2º

A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a adicación do predio nº 270 a cemiterio e o sobrante a servizos de interese sociocultural.

  2. Se o ben cedido non se aplicase ao fin...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR