Decreto 167/2008, do 3 de xullo, polo que se declaran medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia as catro sociedades anónimas de Xestión Urbanística de Galicia e se aproba a modificación dos seus estatutos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

As catro sociedades anónimas de Xestión Urbanística de Galicia (Xestures) son sociedades públicas do artigo 12.1º a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que foron constituídas tras as autorizacións concedidas polo Real decreto 863/1978, do 30 de marzo, polo que se autoriza o Instituto Nacional de Urbanización a constitución de sociedades anónimas para a actuación urbanística das provincias de Alacante, Cádiz, Córdoba, A Coruña, Las Palmas, Guadalajara, Huelva, Lugo, Málaga, Murcia, Ourense, Pontevedra, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Valencia e Zaragoza. Xestur Ourense foi constituída tras a autorización concedida polo Decreto 305/1990, do 24 de maio, polo que se autoriza ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para constituír nas provincias de Pontevedra e Ourense sociedades urbanísticas e promotoras de vivenda e solo.

Así, polo que se refire a Xestur A Coruña, Xestur Lugo e Xestur Pontevedra estas sociedades constituíronse mediante escritura publica ante o notario da Coruña Pelayo Artigas Ramírez o 2 de decembro de 1980, ante o notario de Lugo Pedro Fernández de Bilbao o 18 de marzo de 1980 e ante o notario de Vigo Alfonso Zulueta de Haz o 16 de outubro de 1980 respectivamente.

Polo que se refire a Xestur Ourense constituíuse mediante escritura pública ante o notario de Ourense Álvaro Moure Goyanes o 22 de decembro de 1990.

A nova Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, considera no seu artigo 4.1º n) como negocios e contratos excluídos do ámbito de aplicación desta, aqueles en virtude dos cales se encargue a unha entidade que, conforme o sinalado no artigo 24.6º da mesma norma, teñan atribuída a condición de medio propio e servizo técnico deste, a realización dunha determinada prestación.

O devandito artigo 24.6º establece que para os efectos previstos neste artigo e no artigo 4.1º n), os entes, organismos e entidades do sector público poderán ser considerados medios propios e servizos técnicos daqueles poderes adxudicadores para os que realicen a parte esencial da súa actividade cando estes desempeñen sobre estes un control análogo ao que poden exercer sobre os seus propios servizos. Se se trata de sociedades, ademais, a totalidade do seu capital terá que ser de titularidade pública.

Esa condición de medio propio e servizo técnico das entidades que cumpran os criterios mencionados neste punto deberá recoñecerse expresamente pola norma que as cree ou polos seus estatutos, que deberán determinar as entidades respecto das cales teñen esta condición e precisar o réxime das encomendas que se lles podan conferir ou as condicións en que poderán adxudicárselles contratos, e determinará para elas a imposibilidade de participar en licitacións públicas convocadas polos poderes adxudicadores dos que sexan medios propios, sen prexuízo de que, cando non concorra ningún licitador, poida encargárselles a execución da prestación obxecto destas.

Por iso cómpre modificar os estatutos das sociedades anónimas das catro sociedades de xestión urbanística existentes nas catro provincias galegas.

De conformidade co establecido polo artigo 45.3º da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio de Galicia, e o artigo 111 do regulamento da Lei de patrimonio, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a aprobación dos estatutos das sociedades anónimas farase por decreto do Consello da Xunta.

En virtude do anterior, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e por iniciativa da conselleira de Vivenda e Solo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xullo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia as entidades Xestión Urbanística da Coruña, S.A., Xestión Urbanística de Lugo, S.A., Xestión Urbanística de Ourense, S.A. e Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. e aprobar a modificación dos artigos dos seus estatutos que se publican como anexo.

Artigo 2º

Esta natureza de medio propio e de servizo técnico determinará para as catro Xestures a imposibilidade de participar en licitacións públicas convocadas pola Administración da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos, sen prexuízo de que, cando non concorra ningún licitador, poida encargárselles a execución da prestación obxecto destas.

Artigo 3º

As tarifas que percibirán as Xestures en concepto de retribución pola execución das encomendas serán fixadas por unha comisión paritaria, na que participarán representantes das consellerías de Vivenda e Solo e Economía e Facenda. En tanto en cuanto esta comisión non fixe as correspondentes tarifas a retribución dos traballos que realicen as Xestures establecerase nas encomendas de xestión que, en calquera caso, deberá cubrir o valor das prestacións encargadas, tendo en conta os custos directos e indirectos, e as marxes razoables acordes co importe das prestacións. Estas marxes deberán figurar como partida independente do resto da tarifa.

Artigo 4º

Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para a execución deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Nova redacción dos artigos 1º e 2º de Xestión Urbanística da Coruña, S.A., e nova disposición adicional

Artigo 1º Denominación e natureza xurídica.
  1. Baixo a denominación de Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (Xestur A Coruña, S.A.), constitúese unha sociedade anónima de nacionalidade española e capital social integramente de titularidade pública, para a realización de actividades urbanísticas na provincia da Coruña, que se rexerá polo disposto nestes estatutos, polo Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, pola Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e polo resto de disposicións que lle sexan de aplicación.

  2. A sociedade terá a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos autónomos, sen prexuízo das encomendas que poidan efectuar outras administracións respecto das cales a sociedade cumpra os requisitos necesarios para ser considerada como medio propio daquelas no concernente á realización das actividades propias do seu obxecto social que estas lle encarguen, estando obrigada a realizalas.

As relacións coas anteriores entidades, por conseguinte, non se considerarán de natureza contractual sendo a todos os efectos de carácter interno, dependente e subordinado e articulándose a través de encomendas de xestión das previstas no artigo 24.6º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

En calquera caso, as encomendas de xestión que lle poidan efectuar referiranse sempre a actuacións concretas, requirindo para tales efectos da preceptiva e logo de resolución do órgano que efectúe a encomenda onde se identificarán os termos e condicións nos que deberá realizarse a dita encomenda.

No caso de retribución dos traballos que leve a cabo esta Xestur o importe destes determinarase nas encomendas, calculándose de xeito que permita a recuperación dos investimentos feitos e os custos de xestión, de ser o caso. A retribución poderá consistir nunha achega en diñeiro ou en especie, neste último caso mediante a entrega de bens ou dereitos.

Artigo 2º Obxecto social.
  1. O obxecto social vén constituído pola realización das actividades dirixidas á promoción e xestión do solo empresarial, residencial e construción de edificacións no territorio da provincia da Coruña. O desenvolvemento destas actividades ten por finalidade garantir a utilización do solo de acordo co interese xeral e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR