Decreto 287/2004, do 2 de decembro, polo que se modifican o Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia, o Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia e o Decreto 233/2003, do 3 de abril, de axudas aos concellos para a infravivenda rural.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

En coherencia coa normativa estatal e autonómica reguladora do Plan de Vivenda 2002-2005, os ingresos familiares determinantes do dereito ás axudas previstas nos decretos 228/2002, do 20 de xuño, 295/2002, do 17 de outubro e 233/2003, do 3 de abril, fixáronse en función da contía, en número de veces o salario mínimo interprofesional, da parte xeral e especial da base impoñible reguladas nos artigos 38 e 39 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Con motivo das variacións introducidas na Lei 46/2002, do 18 de decembro, na que se reforma en parte o imposto sobre a renda das persoas físicas, reforma integrada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do dito imposto, tales variacións relativas aos ingresos familiares, adáptanse aos ditos decretos autonómicos. Por outra banda, inclúese unha disposición transitoria relativa ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), de conformidade co establecido no Real decreto-lei 3/2004, do 25 de xuño.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modificación do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabi

litación de vivendas no medio rural de Galicia e do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

A epígrafe 1º do artigo 7 do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia e a epígrafe 1º do artigo 7 do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia, quedan redactados do seguinte xeito:

Por ingresos familiares a contía, en número de veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), da parte xeral e especial da renda do período impositivo reguladas nos artigos 38 bis e 39, e aplicando á cantidade resultante a redución prevista no artigo 46 bis da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas, modificada pola Lei 46/2002, do 18 de decembro (que se corresponde cos artigos 39, 40 e 51 respectivamente, do texto refundido aprobado polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR