Resolución do 29 de agosto de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica reelectrificación en Gueimonde, no concello da Pastoriza. (Expediente 017/2001 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro 4-Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 29 de xuño de 2001, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da reelectrificación de Gueimonde, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve.

O 26-11-2004 o promotor presenta anexo ao proxecto motivado polo requirimento desta delegación de data 1 de outubro de 2003.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; e do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo do 11 de febreiro de 2005. Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño de 2005, no BOP de Lugo do 10 de maio, no diario El Progreso de Lugo do 29 de abril, no taboleiro de anuncios desta delegación provincial e no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicóuselles notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos a este respecto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto.-Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública realizáronse as seguintes alegacións:

  1. Manuel Valiña Pérez, titular proposto, entre outras, da parcela nº 11 da liña de media tensión ao centro de transformación de Sinde que, con respecto a esta parcela, solicita que sexa cualificada como plantación de piñeiros e non como monte baixo, que é como figura na relación de bens e dereitos. Igualmente solicita que a liña non divida en dúas metades a parcela, senón que se sitúe nunha beira e o apoio proxectado na súa parcela se cambie a un extremo co fin de causarlle o mínimo prexuízo posible.

    A alegación remitíuselle á empresa beneficiaria para a súa contestación.

    Quinto.-Os servizos técnicos desta delegación provincial emiten informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente de acordo co exposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR