Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuídas en exclusiva as competencias relativas á pesca en augas interiores, o marisqueo e a acuicultura, a teor do disposto no artigo 148.1º.11 da Constitución española e 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia. En desenvolvemento destas competencias foi regulada a actividade marisqueira e as condicións e requisitos que deben ter as persoas que se dediquen a ela a través da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, así como no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.

No capítulo III do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, regúlase o permiso de explotación para o marisqueo a pé, supeditándose a súa obtención ao cumprimento duns determinados requisitos, entre eles os previstos nas alíneas b) e f) do artigo 17, que procede revisar.

A alínea b) impide aos titulares de concesións ou autorizacións administrativas para explotación dos recursos mariños nas zonas marítimas e marítimo-terrestres obter un permiso de explotación para o marisqueo a pé. Sucede na práctica que moitos mariscadores ou mariscadoras teñen esta titularidade debido ao carácter ganancial que presentan tales títulos como consecuencia do seu réxime económico matrimonial, ou debido a que os adquiriron por sucesión hereditaria, titularidade que lles impide obter ou renovar, segundo o caso, o seu permiso de explotación. Tal obstáculo suprímese coa presente reforma, no marco en todo caso dos principios de limitación no número de permisos e de profesionalización do marisqueo a pé establecidos na Lei de pesca de Galicia.

Por outra parte, dáse unha nova redacción á alínea f) do artigo 17 coa finalidade de que se axuste aos termos utilizados pola Lei xeral da Seguridade Social en materia de incapacidade, evitando as dúbidas interpretativas que viña orixinando este punto.

Polo exposto, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, consultado o sector afectado, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR