Decreto 101/2006, do 8 de xuño, de modificación do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

O Regulamento CEE número 2847/1993, do consello, do 12 de outubro, polo que se establece un réxime de control aplicable á política pesqueira común e as súas posteriores modificacións, fundamentalmente o Regulamento CE número 2846/1998, do consello, do 17 de decembro, así como o Real decreto 2064/2004, do 15 de outubro, polo que se regula a primeira venda dos produtos pesqueiros, estableceron un novo marco xurídico das relacións nas vendas e adquisición dos produtos pesqueiros, partindo dunha liberalización nos sistemas de comercialización.

A normativa anteriormente citada non recolle a obriga de poxar os produtos da pesca e do marisqueo, e moito menos que a poxa sexa á baixa, mantendo unicamente a obriga de que as transaccións comerciais se formalicen nas lonxas ou centros de venda e se constaten documentalmente, para os efectos de control das descargas e condicións da venda.

O Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco, na súa redacción actual, establece a obriga de poxar todos os produtos da pesca mediante o sistema de poxa á baixa, obriga que na actualidade carece de xustificación, pois limita a posibilidade de empregar para os produtos pesqueiros todas as fórmulas transaccionais de adquisición e venda utilizadas noutros sectores e, ademais, imposibilita a repercusión dos custos de explotación que os produtores teñen que soportar no exercicio da súa actividade, tal e como se pode comprobar cada vez que existe un incremento dos prezos do combustible ou de calquera outra alteración das condicións nas cales se desenvolve o traballo da frota e dos mariscadores ou mariscadoras.

Ante esta situación estímase necesario liberalizar, ao igual que establece a normativa estatal e comunitaria, o sistema de venda, admitindo calquera modalidade de transacción que pola súa vez permita un control estatístico e de produción dos produtos da pesca e do marisqueo.

Así mesmo, establécese a posibilidade de que as entidades de interese colectivo definidas na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, poidan adquirir os produtos da pesca ou marisqueo nas lonxas ou centros de venda autorizados, o que permitirá a realización e desenvolvemento de proxectos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR