Decreto 282/2003, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Por Lei 9/1995, do 10 de novembro, foi creado o Consello Consultivo de Galicia como órgano superior consultivo da Xunta de Galicia.

Por Decreto 287/1996, do 12 de xullo, aprobouse o Regulamento de organización e funcionamento do dito consello, de acordo coa habilitación legal e dentro do prazo mencionado na disposición adicional terceira da Lei 9/1995.

As necesidades postas de manifesto na actividade do dito alto órgano consultivo, no curso de máis de seis anos de funcionamento e vixencia daquel regulamento, aconsellan a modificación de determinados particulares del, e a súa inclusión nun único texto que facilite a súa aplicación e manexo.

Na súa virtude, visto o texto aprobado polo Consello Consultivo de Galicia, na súa sesión plenaria do 12 de decembro de 2002 e a proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de maio de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Apróbase o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, que se xunta como anexo a este decreto, en execución e desenvolvemento da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia aprobado por Decreto 287/1996, do 12 de xullo.

Disposición derradeira

Este regulamento entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de maio de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente da Xunta de Galicia

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia

Preámbulo:

A disposición adicional terceira da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Gali

cia, dispón que o dito órgano, de acordo cos principios daquela, elaborará o seu Regulamento de organización e funcionamento, que a Xunta de Galicia procederá a aprobar dentro dos seis meses seguintes ó da súa constitución.

En execución da dita disposición adicional o Consello Consultivo de Galicia remitiu á Xunta de Galicia un proxecto de regulamento que foi aprobado polo Decreto 287/1996, do 12 de xullo. Con el, sen prexuízo da elaboración e aprobación dun regulamento de réxime interior, pechábase o marco normativo preciso para a actuación do Consello Consultivo.

O transcurso do tempo, desde a aprobación daquel instrumento, puxo de relevo algunhas insuficiencias, esencialmente en materia de procedemento, cara a obter unha maior eficacia e axilidade na tramitación dos expedientes. Así mesmo, durante estes anos, ultimouse practicamente a dotación de medios materiais e persoais do consello, principalmente coa convocatoria, provisión e nomeamento dos integrantes do seu corpo de letrados. Finalmente, producíronse determinadas reformas lexislativas, que afectaron ás competencias do consello, ben directamente (revisión de oficio, recurso de revisión), ben indirectamente (novo tratamento procesual da responsabilidade patrimonial, novo réxime dos recursos administrativos).

Todas estas circunstancias aconsellaron afrontar unha reforma global do Regulamento de 1996 na que, mantendo aqueles aspectos que reiteradamente se revelaron eficaces e sen fisuras á hora da súa aplicación ou interpretación se puidese, dunha parte, modificar aqueles extremos que a práctica de seis anos revela como mellorables e, doutra, introducir aspectos novos que, tanto as normas publicadas neste período, como a reiteración de materias sometidas a dictame, esixen para o funcionamento correcto dun órgano como o Consello Consultivo de Galicia.

Introdúcense así modificacións que afectan a definición, constitución e funcionamento das seccións, o procedemento que seguen os expedientes trala súa entrada no rexistro xeral do consello, o réxime de actuación do secretario xeral e os letrados, o cómputo dos prazos, así como outras de menor entidade orientadas a mellorar tecnicamente algúns preceptos ou incluír neles aspectos non previstos anteriormente, coa finalidade de mellora-lo funcionamento do consello. O novo sistema de confección da memoria, a posibilidade de presentar mocións ó Pleno por parte dos conselleiros, a posta en coñecemento ó presidente da Xunta de modo inmediato nos casos nos que o dictame do consello, sendo procedente, se omitise ou a definitiva aclaración de que os entes locais non poden solicitar directamente dictames facultativos ó consello, son un exemplo claro destas últimas.

Desta forma, e aínda que o número de preceptos afectados é sensiblemente menor do dos que non son obxecto de modificación, en relación co texto

de 1996, para facilita-la súa aplicación e cita, optouse por propoñe-la completa derrogación deste e a súa substitución polo que agora se redacta no que, mantendo os aspectos precisos do texto anterior, se inclúen as modificacións citadas. A presencia naquel regulamento de preceptos transitorios ou adicionais de carácter instrumental, orientados a facilita-la adecuada constitución e inicio das actividades do consello, tamén fan aconsellable esta práctica.

A estructura esencial do novo regulamento non varía, contando, ó igual que o anterior, con seis títulos (disposicións xerais, competencias e obrigas, organización, funcionamento e procedemento, persoal do consello e orzamento), manténdose as disposicións adicionais e derradeiras precisas para unha correcta conxunción do novo regulamento, unha vez superadas as normas de transición e instrumentais precisas no anterior do ano 1996.

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Natureza e sede.
  1. O Consello Consultivo de Galicia é o órgano superior consultivo da Xunta de Galicia.

  2. A súa sede radica en Santiago de Compostela.

Artigo 2º Fins.

No exercicio das súas funcións vela pola observancia da Constitución, do Estatuto de autonomía e do resto do ordenamento xurídico.

Artigo 3º Autonomía.

O Consello Consultivo de Galicia goza de plena autonomía orgánica e funcional, exercendo as súas funcións con independencia e obxectividade para o cumprimento e desenvolvemento dos seus fins. Non está integrado en ningún outro órgano da Xunta de Galicia.

En atención á súa autonomía funcional, o consello adopta as súas decisións con total independencia respecto dos órganos e entes que soliciten o seu dictame, proponlle ó Consello da Xunta de Galicia a aprobación do seu regulamento orgánico e de funcionamento, así como as súas ulteriores modificacións, administra os créditos que lle asigne o orzamento da comunidade autónoma e xestiona a súa política de persoal de conformidade coa normativa autonómica, este regulamento e ás súas normas de desenvolvemento.

Artigo 4º Imposibilidade de dictames simultáneos ou posteriores.

Como órgano superior consultivo, os asuntos sometidos ó seu dictame non poden ser, simultaneamente ou con posterioridade, obxecto de informes ou dictames xurídicos doutro corpo ou organismo da comunidade autónoma ou das entidades locais, respecto do asunto consultado ou aspectos del.

Artigo 5º Dictames preceptivos e facultativos.
  1. As solicitudes de dictames do Consello Consultivo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR