Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, que aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, foi un instrumento útil de desenvolvemento normativo de todo un sector empresarial como é o xogo realizado con máquinas recreativas e de azar.

Nos últimos anos, non obstante, co cambio do sistema monetario, a implantación da normativa europea en materia ambiental, desenvolvida polo Real decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos, a aparición de novas tecnoloxías aplicadas a este sector, a expansión dos xogos pola internet, fan necesaria a modernización deste sector económico que garante unha importante fonte de ingresos ao sector público e que é xeradora dun grande número de postos de traballo no sector privado.

O cambio e modernización que este sector está a realizar, tanto a nivel das distintas comunidades autónomas como a nivel europeo, e a necesidade de incorporar á normativa autonómica -tal como se desprende da sentenza do Tribunal Constitucional do 20 de novembro- a regulación das características de fabricación e homologación dos instrumentos de xogo, fan necesaria a publicación dun novo marco normativo de máquinas que desenvolvan todos os aspectos necesarios para facer atractivos os xogos realizados con aparellos de funcionamento manual ou automático.

Ao mesmo tempo, este regulamento é, nalgúns aspectos, profundamente innovador e introduce modificacións, necesarias para o dinamismo do sector, para superar as insuficiencias normativas reveladas pola experiencia, asumir as decisións xurisprudenciais ditadas sobre a materia e protexer a incidencia social que o xogo mediante máquinas ten.

Neste sentido incorpórase todo un sistema de homologación e identificación de aparellos de xogo. Simplifícanse os trámites administrativos, déixase a porta aberta ao desenvolvemento do sector a través de normas con rango de orde para incorporar a estas empresas, altamente tecnificadas, a posibilidade das tramitacións telemáticas con seguridade para as persoas usuarias, sen mingua do correspondente control administrativo da actividade e clarifícanse determinados aspectos da ordenación anterior que a práctica da súa aplicación demandaba.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oída a Comisión de Xogo de Galicia, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello de la Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de febreiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación do Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Apróbase o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, que se desenvolve a seguir.

Disposicións adicionais

Primeira.

  1. Para os efectos deste regulamento, son empresas operadoras as que explotan máquinas de xogo ou prestan servizos técnicos de mantemento destas e se constitúen baixo a forma de sociedade mercantil.

  2. Para os efectos deste regulamento, son empresas prestadoras de servizos de interconexión as empresas que xestionan os aparellos técnicos que conectan as máquinas de xogo e os establecementos de xogo para dar as opcións de xogo interconectado previsto neste regulamento.

    Segunda.

  3. A partir da entrada en vigor deste decreto e ata o día 31 de decembro de 2010 non se outorgarán novas autorizacións de explotación para máquinas recreativas de tipo B, salvo que se trate da modificación dunha autorización xa existente, polo procedemento de cambio do artigo 48º do regulamento que se aproba.

  4. Non obstante o anterior, a partir da entrada en vigor deste decreto, a dirección xeral competente en materia de xogo realizará un estudo sobre a oferta e demanda real das máquinas recreativas de tipo B na Comunidade Autónoma de Galicia, fixando mediante a disposición pertinente e antes da finalización do prazo establecido no punto 1 anterior, a súa planificación.

    Disposicións transitorias

    Primeira.-As solicitudes que se atopen en trámite á entrada en vigor deste decreto deberán axustarse aos requisitos previstos neste.

    Segunda.-As empresas que, para os efectos desta normativa, deban estar inscritas no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo, farán a adaptación do disposto neste regulamento no prazo de seis meses a partir da data de entrada en vigor deste decreto. A falta de adaptación dará lugar á cancelación da inscrición prevista no artigo 27 deste.

    Terceira.-A falta de adaptación ao disposto neste regulamento no prazo de seis meses, a partir da data de entrada en vigor deste decreto, no caso das empresas operadoras e as titulares de autorizacións de instalación de salóns dará lugar, ademais, á tramitación dos expedientes de revogación das autorizacións que estean vinculadas á empresa.

    Cuarta.-Os salóns autorizados ao abeiro da normativa que se derroga axustaranse ás condicións técnicas e de seguridade sinaladas no regulamento aprobado por este decreto no anexo de condicións técnicas dos salóns recreativos e de xogo, no prazo máximo dun ano desde a súa entrada en vigor. De non realizalo no expresado prazo, incoarase expediente de revogación da autorización e cancelación da inscrición correspondente.

    Quinta.

  5. A Administración, no prazo de 18 meses, procederá de oficio á substitución documental das guías de circulación e das autorizacións de explotación, vixentes na data de entrada en vigor deste regulamento, mediante a expedición das correspondentes autorizacións de explotación.

  6. A expedición dos novos documentos deberá levarse a cabo, antes do transcurso do prazo dun ano, desde a data de entrada en vigor deste regulamento. Para isto será preciso a entrega, ante a delegación provincial competente, dos exemplares das guías e das autorizacións de explotación que se van substituír, por parte das empresas titulares daqueles.

    Sexta.

  7. A vixencia dos boletíns de instalación de máquinas de tipo B que, á entrada en vigor deste decreto, se atopen validamente concedidos, prorrogarase automaticamente por un período de cinco anos, desde a data do vencemento dos respectivos boletíns de instalación, salvo nos casos en que, de acordo co preceptuado no artigo 55 b), c), d) e f) deste regulamento, concorra algunha causa de extinción.

  8. A Administración, de oficio, no prazo dun ano desde a entrada en vigor deste regulamento, entregaralles ás empresas operadoras a autorización de instalación e situación que substitúa os boletíns...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR