Decreto 111/2006, do 30 de xuño, de subvencións para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

O incentivo das actuacións de reparacións nos edificios de vivendas de promoción pública mediante subvencións ás comunidades de propietarios/as considérase un obxectivo necesario dirixido a colectivos

cunha maior dificultade para acometer as obras necesarias de adecuación e adaptación dos seus edificios ás novas necesidades de funcionalidade que polo transcurso do tempo se foron producindo. O presente decreto adáptase ao novo réxime xurídico introducido pola entrada en vigor da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e as recentes modificacións do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e demais normativa de aplicación.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto acordar as bases reguladoras da concesión de subvencións á rehabilitación e adaptación dos edificios de vivendas de promoción pública.

Artigo 2º Actuacións subvencionables.

As actuacións nestes edificios referiranse ás modalidades que se definen a continuación:

  1. Adecuación estrutural do edificio: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade construtiva de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez.

  2. Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio condicións suficientes respecto de accesos, estanquidade fronte á choiva e á humidade, redes xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, servizos xerais e seguridade fronte a accidentes e sinistros, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de calefacción, adecuando estes á normativa técnica aplicable con posterioridade á terminación do edificio. Tamén se considerarán incluídas neste punto todas aquelas outras que teñan por obxecto a redución do consumo enerxético, illamento térmico e acústico, tanto na súa envolvente como na mellora das instalacións, mediante actuacións que optimicen o funcionamento das existentes como aqueloutras que incorporen novas tecnoloxías conducentes ao dito obxectivo.

Artigo 3º Beneficiarias.

Poderán solicitar as subvencións previstas neste decreto as comunidades de propietarios/as de vivendas de promoción pública que cumpran as seguintes condicións:

  1. Que o edificio teña unha antigüidade superior a 10 anos, ou aqueloutros que, non posuíndoa, xustifiquen debidamente a urxencia da actuación e sexa tida en consideración pola comisión de valoración.

  2. Que as comunidades beneficiarias non obtivesen, nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria, outra axuda concedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para a realización de obras polo mesmo concepto.

  3. Que os edificios que vaian ser rehabilitados para obter a adecuación funcional, dispoñan xa da adecuación estrutural ou vaian acadala simultaneamente.

Artigo 4º Contía da subvención.

As subvencións que se concedan rexeranse, no seu réxime de concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, polo que non será suficiente para a obtención da axuda reunir todos os requisitos exixidos pola convocatoria, senón que será necesario tamén obter un número de orde segundo a puntuación obtida no baremo establecido na resolución de convocatoria, que o sitúe incluído nas disposicións orzamentarias dispoñibles.

Na resolución de convocatoria anual que desenvolverá este decreto consignarase a porcentaxe que fixará a contía da subvención en función do tipo da actuación que se vaia realizar, a aplicación orzamentaria á que se aplicará o procedemento así como as anualidades destinadas en cada exercicio orzamentario.

Artigo 5º Orzamento protexible.

Para os efectos deste decreto, o orzamento protexible sobre o que se calculará a contía da subvención estará integrado polo custo real das obras determinado polo prezo total de execución destas, os honorarios facultativos e os tributos satisfeitos por razón das actuacións.

En ningún caso serán subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

En todo caso, establécense como prezos máximos para a redacción do orzamento de execución material os das distintas partidas da base de datos da construción de Galicia vixentes no momento da apertura do prazo de presentación de solicitudes e, para as partidas non definidas, determinaranse os rendementos por asimilación a outras partidas, ou, se é o caso, aqueloutros que debidamente se xustifiquen e sexan conformados polos servizos técnicos do IGVS.

Artigo 6º Compatibilidade das subvencións.

As subvencións establecidas nesta disposición serán compatibles con outras, calquera que fose a súa natureza e a Administración ou entidade que as conceda, sempre que o importe total das subvencións concedidas non supere o custo total da actuación.

Artigo 7º Obrigas das comunidades beneficiarias.

As comunidades beneficiarias destas subvencións deberán cumprir cos requisitos e obrigas establecidos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime

financeiro e orzamentario de Galicia, modificado polo artigo 12 da Lei 14/2004, polo que se adapta a normativa autonómica á Lei estatal 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, entre as que se atopan:

  1. Realizar as obras e, no seu momento, acreditar a súa execución, segundo o proxecto aprobado e nos prazos dispostos na resolución de concesión da subvención;

  2. Someterse ás actuación de comprobación e inspección que polo IGVS sexan consideradas pertinentes ao longo do proceso de execución, e

  3. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos destinados á execución das obras.

O incumprimento das condicións establecidas para o outorgamento da subvención levará consigo, ademais das sancións que puidesen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR