Decreto 102/2008, do 30 de abril, polo que se dispón o nomeamento de cinco vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

No artigo 5 do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, e de conformidade co disposto no mesmo artigo da Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, disponse que formarán parte do Pleno do consello cinco persoas de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas, designadas polo Consello da Xunta de Galicia.

Tendo en conta a recente lexislación en materia do principio de igualdade dos últimos anos, como son a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, a Lei orgánica 3/2007, e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, e a xeral implicación dos poderes públicos establecida por estas disposicións, o campo de actuación no compromiso coa igualdade faise máis amplo pois abrangue todas as políticas públicas segundo indican os artigos 6 da Lei 7/2004 e 14 da devandita lei orgánica. O novo deseño legal exixe ou fai aconsellable unha renovación en todas as instancias e organismos implicados na problemática da realización efectiva do principio de igualdade, polo que coa modificación da composición do consello en relación cos cinco vogais non institucionais se pretende unha mellor adaptación ao novo e ampliado marco normativo sinalado.

Así, de conformidade cos motivos indicados no punto anterior, procede a renovación deste consello que se levará a cabo de acordo co estipulado na norma de aplicación no artigo 12.5º b) do Decreto 312/1999, substituíndo as persoas nomeadas que no caso das vogalías sinaladas no segundo inciso do artigo 5.1º c), se levará a cabo por decreto do Consello da Xunta de Galicia.

De acordo co mandato do artigo 3 da devandita Lei 3/1991, que establece como obxectivo do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller remover os obstáculos que impidan a participación e integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política de Galicia, e tendo en conta o disposto polo artigo 4 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, os nomeamentos propostos resultan axeitados por abarcar os contornos da economía, o dereito, a educación, os medios de comunicación e a ciencia política, personificados en cinco mulleres de relevante prestixio nas súas respectivas áreas de coñecemento. Todas elas incorporan no seu traballo a perspectiva de xénero, pero...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR