RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela entre funcionariado con habilitación de carácter estatal.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e en exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Publicar as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela, bases que se achegan como anexo a esta resolución, conforme as seguintes disposicións:

Primeira. O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado polos funcionarios con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala e, de ser o caso, categoría a que está reservado.

Non poderán concorrer á convocatoria os funcionarios que se encontren nas situacións previstas nas letras a) e b) do artigo 28 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Segunda. Os interesados dirixirán as súas solicitudes á corporación convocante dentro dos quince días naturais seguintes á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e xuntarán á solicitude a documentación acreditativa de reunir os requisitos para o seu desempeño, nos termos que figuran na convocatoria.

Terceira. Os aspirantes deberán suxeitarse ás bases da convocatoria publicadas neste diario oficial.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 14 de maio de 2013; DOG nº 92, do 15 de maio)José Norberto Uzal TresandíDirector xeral de Administración Local

ANEXO

Decreto da Alcaldía-Presidencia

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, do 17 de xullo de 2012, o funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala intervención-tesouraría, categoría superior, Juan Ramón González Carnero foi nomeado, en comisión de servizos e con efectos na mesma data, para o posto de traballo de interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, pertencente ao subgrupo A1 de clasificación e nivel 30 de complemento de destino e igual específico, durante o prazo dun ano contado desde a toma...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR