RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyResolución

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Jesús Oitavén BarcalaSecretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educacióne Ordenación Universitaria

ANEXO I

Título Data sinatura Importe
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o Plan de actuación 2015-2016 do Campus Terra. 4.9.2015 1.365.700 €
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Sarria para a xestión do servizo de comedor escolar na Escola de Educación Infantil de Sarria, radicada neste concello. 7.9.2015 42.720 €
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Gaitas, para a realización do XXV Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. 9.9.2015 12.000,00 €
Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil polo que se instrumenta a entrega dunha subvención para a creación de dúas bolsas de formación para alumnos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel. 14.9.2015 0,00 €
Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza. 15.9.2015 30.000,00 €
Addenda ao Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional especialmente nas da familia profesional de Madeira e Moble. 17.9.2015 30.050,00 €
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para a xestión do servizo de comedor escolar en dez centros educativos do concello. 18.9.2015 137.772,00 €
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade para a realización do proxecto «En-Red-Arte». 18.9.2015 20.000,00 €
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Boiro para levar a cabo o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 21.9.2015 12.000,00 €
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Cabido do Conxunto Catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución das actuacións de conservación e restauración derivadas do Plan director do conxunto catedralicio de Santiago de Compostela. 23.9.2015 17.000.000,00 €
Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para alumnado no Centro Neuropsicopedagóxico «O Pelouro», durante o curso 2015/16. 24.9.2015 348.827,25 €
Acordo de colaboración entre o servizo galego de saúde, a Consellería de Cultura,
...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR