RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín, no concello de Portomarín.

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na Batundeira 2, Velle (Ourense), aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 15 de abril de 2016, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín, no concello de Portomarín, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante Resolución desta xefatura territorial do 22 de xuño de 2017. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso de Lugo do 18 de xullo de 2017, no BOP de Lugo do 15 de xullo e no DOG do 14 de xullo, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Portomarín. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronse separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública Edita Folgueiras López presenta alegacións opoñéndose ao trazado proxectado para a instalación eléctrica e solicitando a súa modificación para que discorra sobre terreos de dominio, uso ou servizo público.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, los referidos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR