RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MAR
Rango de LeyResolución

O Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, regula as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

A Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 8 de xaneiro de 2009, establece as condicións, regula os requisitos e establece os distintos tipos de convocatorias para a obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa entrada en vigor da Lei 39/2015 a tramitación electrónica non pode ser aínda unha forma especial de xestión dos procedementos senón que debe constituír a actuación habitual das administracións. As persoas xurídicas están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo. Polo tanto, todas as disposicións que regulen procedementos administrativos por instancia de parte, as bases reguladoras e as convocatorias de subvencións, así como o establecemento de servizos aos cidadáns e ao persoal empregado público no ámbito da Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia, deberán prever a presentación electrónica, ben na sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben en aplicacións propias de presentación electrónica, que terán que ser accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois da publicación na páxina web da Consellería do Mar da Resolución do 23 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, e para darlles novas vías e facilidades ás escolas de navegación de lecer para poder presentar o seu alumnado ás convocatorias extraordinarias, esta Dirección Xeral, no uso das facultades que lle confire o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro), resolve convocar e publicar no DOG as dúas convocatorias pendentes de realización de exames teóricos extraordinarios, para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer de patrón/patroa para navegación básica, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate, capitán/capitá de iate, conforme as seguintes normas:

  1. Obxecto.

    O obxecto desta resolución é establecer as condicións que teñen que cumprir as escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia para acceder ás probas extraordinarias teóricas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas, para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

    Para a presentación de solicitudes deberán empregarse os modelos normalizados correspondentes ao código do procedemento administrativo PE616D, que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616D.

  2. Normas xerais.

    1. Os exames teóricos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007 pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).

    2. Para que poida realizarse a convocatoria extraordinaria nun centro de ensino será necesario reunir un mínimo de 15 persoas inscritas para as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer e patrón/patroa para navegación básica e 10 para patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate. Se o centro de ensino non acadase o número mínimo requirido non poderá realizar o exame. Neste caso, os/as alumnos/as deberán realizar o exame no lugar indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

    3. O alumnado das escolas de navegación de lecer para poder presentarse ao exame teórico complementario de patrón/patroa de embarcacións de lecer debe estar en posesión da tarxeta de patrón/patroa para navegación básica ou do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia. Os/as alumnos/as que presenten o certificado de exame soamente terán dereito a examinarse nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias. Para este efecto, no caso de presentarse as convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias. Estas persoas soamente terán que examinarse das unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11 e disporán dun tempo máximo de 45 minutos para realizar o exame.

    4. O alumnado das escolas de navegación de lecer que se presente ao exame para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e non consiga superar a proba, pero si o faga de acordo as exixencias de patrón/patroa para navegación básica, recoñeceráselle o dito aprobado...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR