RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAxencia Turismo de Galicia
Rango de LeyResolución

O artigo 27.11 do Estatuto de autonomía de Galicia sinala como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia a promoción e ordenación do turismo dentro da Comunidade.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia terá como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

A importancia do turismo no tecido económico e social de Galicia, así como o incremento da calidade do sector turístico, son considerados elementos primordiais para o crecemento sostido das cotas de competitividade, o que require a realización dun esforzo continuado na formación dos recursos humanos para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician a súa actividade neste sector.

Entre as iniciativas levadas a cabo neste eido, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén dedicando desde o ano 1999 parte dos seus recursos en materia turística á convocatoria de bolsas para que, a través da realización de prácticas na Rede de oficinas españolas de turismo no estranxeiro dependentes do Instituto de Turismo de España (Turespaña), se formen expertos en promoción exterior do turismo e se estableza unha base de apoio á captación de demanda turística a Galicia.

Á vista dos frutíferos resultados obtidos nas anteriores edicións, a Axencia Turismo de Galicia considera de interese continuar con esta medida e seguir fomentando a colaboración desenvolvida na cal se considera prioritario afondar na organización cooperativa de accións en materia de investigación, en particular mediante a formación de bolseiros, o cal se articula a través dun convenio de colaboración asinado entre Turespaña e a propia Axencia.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas, e por proposta da Axencia Turismo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TU981B).

Convocar de acordo coas devanditas bases reguladoras a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.

Segundo. Solicitudes

  1. Para poder ser persoa beneficiaria da bolsa deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

  2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 6 das bases reguladoras.

    Tercero. Prazo de duración do procedemento de concesión

    Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

    O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

    Cuarto. Información aos/ás interesados/as

  3. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

    1. Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-institucional

    2. Os teléfonos: 981 54 25 67 e 981 54 74 06 ou enderezo electrónico: proxectos.turismo@xunta.gal.

    3. Presencialmente: Axencia Turismo de Galicia, Área de Calidade e Proxectos Europeos: estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

    4. Guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

  4. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal.

    Quinto. Réxime de recursos

    Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

    1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    2. Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

    Sexto. Entrada en vigor

    Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

    Mª Nava Castro DomínguezDirectora da Axencia Turismo de Galicia

    ANEXO I

    Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismoen Roma durante os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TU981B)

Artigo 1 Obxecto, finalidade e duración da bolsa

Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2021 e 2022 cunha duración máxima de 18 meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira.

A data prevista de incorporación do/da bolseiro/a ao seu destino é o 1 de xullo de 2021, estando condicionada á dispoñibilidade na oficina da Consellería de Turismo en destino, manténdose en todo caso a duración total de 18 meses contados a partir da data de incorporación.

Debido á situación provocada pola COVID-19 poderíanse producir cambios na data de incorporación á bolsa o que sería comunicado en tempo e forma ás persoas interesadas.

Para poder ser persoa beneficiaria da bolsa deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo III desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7 das bases reguladoras.

Artigo 2 Importe e financiamento da bolsa

A Axencia Turismo de Galicia financiará esta bolsa con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.A2.761A.480.0 (39.396,96 euros) e 05.A2.761A.484.0 (cotas da Seguridade Social 1.187,64 euros) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022. A contía máxima prevista será de corenta mil cincocentos oitenta e catro con sesenta euros (40.584,60 euros), que se distribuirá do seguinte xeito:

Anualidade 2021:

  1. A2.761A.480.0: 13.132,32 euros.

  2. A2.761A.484.0: 395,88 euros.

    Anualidade 2022:

  3. A2.761A.480.0: 26.264,64 euros.

  4. A2.761A.484.0: 791,76 euros.

  5. A dotación económica da bolsa será a que se indica no seguinte cadro:

    Cidade de destino Nº de bolsas Dotación euros (total)
    Roma 1 40.584,60 €

    Na dotación da bolsa están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.

  6. Aboamento da axuda: realizaranse catro pagamentos unha vez recibidos de conformidade os documentos que se especifican a continuación a través do modelo normalizado que se inclúe como anexo VI desta resolución. O primeiro pagamento será do 20 % do importe total da bolsa, e realizarase unha vez que a persoa bolseira estea incorporada efectivamente ao seu destino; os dous pagamentos seguintes serán ao 35 % respectivamente, e o cuarto pagamento será do 10 % da bolsa, unha vez finalizadas as prácticas. En ningún caso, o importe dos referidos pagamentos pode exceder o límite previsto en cada anualidade orzamentaria. Ademais, en todos os pagamentos se efectuará a correspondente retención á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas.

    3.1. Primeiro pagamento: para o seu aboamento é necesario achegar a seguinte documentación:

    1. Declaración responsable, segundo o modelo do anexo V desta resolución, de:

      – Non ter ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación ou subsidio por desemprego no momento de incorporación ao lugar de destino da bolsa.

      – Non ter solicitada nin concedida ningunha outra subvención, axuda ou ingreso para este mesmo proxecto ou conceptos para os que solicita a bolsa. No caso de que durante a vixencia da bolsa de formación concedida na Axencia Turismo de Galicia, deixase de cumprir a condición anterior por pasar a percibir calquera xénero de compensación económica, obrígase expresamente a poñelo en coñecemento do devandito centro directivo, causando baixa na percepción da bolsa.

      – Non ter sido adxudicataria/o da mesma bolsa de formación en edicións anteriores ou ter renunciado á bolsa salvo por causas de forza maior debidamente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR