RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, así como as políticas de emigración e retorno en Galicia, segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do dito decreto desconcentra na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, nos seus artigos 1.2 e 4.3, establece que a Comunidade Autónoma asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e a promoción da solidariedade entre todos os integrantes do pobo galego, configurando como un principio reitor da súa política social e económica facer efectivo o dereito das persoas galegas a vivir e traballar na súa propia terra.

Coa posta en marcha desta liña de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración ofértalles aos galegos universitarios residentes no estranxeiro a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.

Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia.

A través desta iniciativa preténdese tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estes galegos con formación universitaria, que residiron ou naceron no estranxeiro, e que agora retornan a Galicia, ao mesmo tempo que se reforza a súa vinculación coa Comunidade Autónoma.

Estas bolsas constitúen unha axuda económica para a realización destes estudos de máster en Galicia cunha duración dun curso académico (60 créditos) ou dun curso e medio (90 créditos). Os importes fixáronse en función dos gastos que deberán afrontar os bolseiros para poder acadar os obxectivos das bolsas, tendo en conta os gastos de desprazamento desde o seu pais de residencia, as taxas administrativas e académicas de matrícula, así como o custo do aloxamento e manutención.

Para o desenvolvemento deste programa é primordial contar coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como das tres universidades galegas mediante a súa participación na selección dos beneficiarios a través da súa presenza na comisión de valoración dos expedientes.

Por outra banda, dado que as posibles persoas adxudicatarias das bolsas residen no exterior e teñen que organizar o seu traslado a Galicia con antelación suficiente, así como matricularse no máster nos prazos que establezan as universidades, co fin de que coñezan canto antes a súa concesión, prevese a tramitación do procedemento de concesión das bolsas pola vía de urxencia, polo que se reducen á metade (5 días) os prazos para efectuar os requirimentos de emenda e aceptar as bolsas. Así mesmo, dada a súa condición de estudantes universitarios e as especiais circunstancias que poderían presentarse nos países en que residen, establécese a obrigatoriedade de relacionarse exclusivamente por medios electrónicos para a tramitación deste procedemento.

En virtude do exposto, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 88/2013, do 30 de maio, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007; nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo 1 Obxecto e réxime das axudas
  1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, condicionada aos límites de financiamento.

    A listaxe dos másteres oficiais para os cales se conceden as bolsas son os sinalados no anexo I desta resolución.

  2. A concesión da bolsa está condicionada á acreditación previa de estar matriculado nun máster dun mínimo de 60 créditos modalidade presencial.

  3. Este procedemento habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código PR911A.

Artigo 2 Financiamento

Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinarase un total de 860.625 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –Bolsas de excelencia para a mocidade do exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2017 e 2018, por importe de 500.000 € para a anualidade 2017 e 360.625 € para a anualidade 2018; a concesión destas subvencións queda condicionada aos ditos límites orzamentarios.

Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.

Artigo 3 Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas os cidadáns galegos residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

Artigo 4 Requisitos

4.1. Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse no momento da presentación de solicitudes:

  1. Residir no estranxeiro.

  2. Estar en posesión da nacionalidade española.

  3. Ser emigrante nacido en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, así como os descendentes por consanguinidade dunha destas persoas e que nacesen no estranxeiro.

  4. No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculada a un concello galego.

  5. Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores a data da presentación da solicitude.

  6. Estar en posesión dalgún título universitario de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente.

  7. Ter obtido a titulación universitaria nos últimos 10 anos.

    4.2. Requisito que deberá cumprirse e acreditarse con carácter previo á concesión da bolsa:

  8. Estar matriculado/a no curso 2017/18 nun máster universitario oficial dos relacionados no anexo I do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2018/19 realizarase e acreditarase no ano 2018.

    Os solicitantes antes de matricularse deben realizar o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios másteres nas universidades galegas que prefiran coa antelación necesaria para poder presentar o xustificante de matrícula. Cada universidade establece o seu propio prazo de admisión e deben estar en contacto directo con elas para informarse dos programas de máster da súa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que deben presentar.

    Para estes efectos, para ser admitido nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), deberase tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde se pretenda cursar o máster. Non será necesario no caso de que o título estea xa homologado a un titulo universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de máster.

    Esta admisión polas universidades non implicará, en ningún caso, a homologación do título estranxeiro do que estea en posesión a persoa interesada nin o seu recoñecemento para outros efectos que non sexan os de cursar os estudos de máster.

Artigo 5 Período de desfrute

As bolsas terán a duración correspondente aos cursos académicos necesarios para a realización da totalidade dos créditos de que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR