Decreto 269/2004, do 11 de novembro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Barro e Portas (Pontevedra).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

Os concellos de Barro e Portas remitiron documentación relativa ao inicio do expediente de deslindamento entre ambos os termos municipais.

Tramitado o dito expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe do 7 de agosto de 2003, no que propón como liña límite xurisdicional definitiva entre os termos municipais de Barro e Portas, a que se describe na acta de deslindamento do 25 de novembro e 10 de decembro de 1889, manifestando a desconformidade con este o Concello de Barro, dentro do prazo concedido aos concellos para presentar alegacións.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial de Pontevedra, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do ditame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolver a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR