Decreto 83/2004, do 23 de abril, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Coristanco e Carballo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe o 3 de abril de 2000 no cal propón como liña a proposta polo Concello de Carballo, prestando desconformidade a este o Concello de Coristanco, dentro do prazo concedido aos concellos para presentaren alegacións.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do ditame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolver a cuestión suscitada entre os concellos de Coristanco e Carballo, sobre o deslindamento dos seus termos municipais, no sentido de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR