Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A asunción de competencias en materia de vivenda e o traspaso de bens inmobles realizado no ano 1985 determinou que, a partir dese momento, a comunidade autónoma se fixese cargo da promoción pública de vivendas e da administración do parque transferido que se atopaba en distintas situacións xurídicas, así como da xestión e desenvolvemento de solo.

A regulación vixente naquel momento, fundamentalmente o Regulamento de vivendas de protección oficial de 1968 e o Real decreto lei 31/1978, necesitaban ser adaptados á nova situación constitucional e á realidade específica desta comunidade autónoma. Por iso, ao longo destes últimos anos procedeuse á aprobación dunha serie de decretos que regulaban illadamente cada unha das competencias nesta materia propias da comunidade autónoma. Estes decretos son: o Decreto 98/1992, do 26 de marzo, polo que se regula o financiamento e a adxudicación de vivendas de promoción pública, modificado polo Decreto 67/1994; o Decreto 301/1994, do 30 de setembro, sobre adquisición e alleamento de terreos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo; o Decreto 125/1998, do 16 de abril, sobre normas de adxudicación de locais de negocio, e por último o Decreto 225/2000, do 13 de setembro, de regularización da situación dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

Na actualidade faise preciso publicar unha normativa homoxénea que recolla todo o relativo á promoción pública nun só decreto que contribúa deste xeito a unha maior coherencia e claridade sobre os temas que afectan as vivendas, locais de negocio e solo promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Por iso, que procédese á refundición dos decretos anteriormente citados e modifícanse parte dos seus contidos adecuándoos á realidade actual.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e nove de outubro de dous mil catro,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación.
  1. Este decreto ten por obxecto regular o réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo

    Instituto Galego da Vivenda e Solo, en particular as vivendas de promoción pública nas súas distintas modalidades que estarán, en todo caso, destinadas a domicilio habitual e permanente do adquirente ou arrendatario.

  2. As disposicións deste decreto son de aplicación a todos os inmobles -vivendas de promoción pública, locais e solo- promovidos ou adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou calquera outro organismo cuxas competencias fosen asumidas por este, existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Clasificación das vivendas de promoción pública.

As vivendas de promoción pública promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo clasifícanse en:

-Vivendas de protección oficial de promoción pública.

-Vivendas cualificadas en núcleos rurais e en núcleos históricos.

Artigo 3º Unidade familiar ou de convivencia.
  1. Para os efectos deste decreto entenderase por unidade familiar ou de convivencia:

    1. A formada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber, os seus descendentes e ascendentes que convivan habitualmente.

    2. Nos casos de separación legal, viuvez, familia monoparental ou unión de feito sen vínculo matrimonial, a formada polos respectivos titulares das ditas unións familiares ou de convivencia, cos seus descendentes e ascendentes, en iguais termos aos enunciados na regra a) deste artigo.

    3. As persoas maiores de idade integradas nunha unidade familiar ou de convivencia que manifesten o seu desexo de independizarse e acrediten capacidade económica propia nos termos exixidos por este decreto.

  2. Excluiranse para todos os efectos da condición de membros da unidade familiar ou de convivencia aquelas persoas que figuren como titulares ou membros doutras unidades que formulen solicitude separada no mesmo procedemento.

  3. A separación transitoria motivada por razóns de estudos, traballo, tratamento médico ou outras causas similares debidamente xustificadas non rompen a convivencia entre familiares, para os efectos do establecido neste decreto.

    TÍTULO II

    Vivendas de promoción pública

    Capítulo I

    Réxime xeral

Artigo 4º Titularidade e uso.
  1. As vivendas de promoción pública só poderán ser de titularidade ou uso de persoas físicas, agás

    nos casos en que o seu réxime de adxudicación sexa o de arrendamento e conserve a titularidade unha persoa xurídica pública sen ánimo de lucro.

  2. Destinaranse, en todo caso, o domicilio habitual e permanente dos seus adxudicatarios, sen que en ningún caso se poidan destinar a segunda residencia nin a ningún outro uso.

  3. O réxime de adxudicación destas vivendas poderá ser en propiedade ou en arrendamento.

Artigo 5º Duración do réxime.

O réxime xurídico das vivendas de promoción pública terá unha duración mínima de 30 anos, aínda que, transcorrido este prazo sen que se amortizase totalmente o préstamo cualificado concedido para a súa adquisición ou sen que se fixesen efectivas a totalidade das cantidades aprazadas, o dito réxime prorrogarase automaticamente ata a cancelación do préstamo ou o pagamento total do prezo ao promotor. Durante este período manterase o réxime de uso e prezos máximos establecidos, a cuxo termo se extinguirán.

As vivendas de promoción pública non poderán ser obxecto de descualificación voluntaria en ningún caso.

Artigo 6º Ocupación.

O adxudicatario terá a obriga de ocupar a vivenda no prazo máximo dun mes desde o asinamento do correspondente contrato, agás que medie xusta causa debidamente acreditada e xustificada.

Artigo 7º Prohibición de cesión, subrogación e subarrendamento.

Nas vivendas adxudicadas en réxime de arrendamento, prohíbese en todo caso a cesión, subrogación ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR