Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A protección da saúde pública é un referente inescusable da produción alimentaria. Concretamente, no ámbito da produción leiteira, o Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro, estableceu a normativa básica de controis, en aplicación das disposicións do Regulamento (CE) 854/2004, polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano e do Regulamento (CE) 882/2004, sobre os controis oficiais efectuados para garantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de pensos e alimentos e a normativa sobre saúde animal e benestar dos animais, ambos do 29 de abril e do Parlamento Europeo e do Consello.

Neste marco configúrase un programa obrigatorio de autocontrol nas explotacións e nos centros lácteos baixo a responsabilidade das persoas operadoras autorizadas e sometido á supervisión da autoridade competente a través dun plan de control oficial que recolle controis aleatorios a explotacións e controis dirixidos tras a constatación de resultados positivos a residuos de antibióticos. Este programa garante razoablemente a seguridade do leite que chega ao consumidor. Porén, o mercado europeo valora cada día máis a produción de alimentos baixo sistemas integrais de calidade, que consideren a sanidade e benestar animal mais a protección ambiental.

Os gandeiros e gandeiras de Galicia levan anos demostrando unha especial sensibilidade na mellora da calidade da produción. O seu esforzo continuado en materia de sanidade animal, seguridade alimentaria, respecto ao ambiente e aproveitamento racional dos recursos forraxeiros propios da explotación, sustentan un modelo de xestión que goza do recoñecemento xeral do mercado. Aínda máis, a experiencia demostra que unha parte importante das explotacións galegas acadan parámetros de calidade no leite que producen que supera os mínimos exixidos polo Regulamento (CE) 853/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, incorporando un concepto de excelencia que cómpre salientar.

A creación dun rexistro público informativo de explotacións leiteiras que, no marco dos controis oficiais efectuados pola Xunta de Galicia, demostran acadar de xeito continuado uns parámetros de calidade superiores aos exixidos pola norma comunitaria, achegará transparencia ao mercado e contribuirá a revalorizar as gandarías que traballan co obxectivo de ofrecer ao consumidor un produto de alta calidade. Ademais, proporcionará ao sector un instrumento de referencia tanto en canto á consecución de determinados parámetros de calidade respecto do sector produtor como na selección da materia prima...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR