Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais para o ano 2006, recolle nos seus artigos 44 e 45 os mandatos de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas nesta materia, caracterizados por ser de acceso público a través de procedementos informáticos. A medida inscríbese dentro dos procesos de mellora da xestión da Administración pública encamiñados a lograr a transparencia da información mediante a súa apertura aos cidadáns e organizacións sociais.

No plano normativo, a transparencia inspira distintos textos legais de ámbito estatal e autonómico. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, recolle como principios informadores da xestión das axudas e subvencións, entre outros, os de publicidade e transparencia. Con este obxecto, a Administración resulta obrigada a facer públicos os datos que se establezan, aínda que a obriga está referida á publicidade que se practique no Diario Oficial de Galicia. Igualmente debe remitirllos aos destinatarios tradicionais da información financeira, integrados nos procedementos de información e rendición de contas.

Non obstante, as novas tecnoloxías, en particular a internet, posibilitan a apertura de novas canles de comunicación coa sociedade, o que vai redundar na mellor aplicación destes principios. Por iso se establece a publicación dos datos na páxina web, sen prexuízo do cumprimento polos órganos xestores e os beneficiarios das axudas, subvencións e convenios daquelas obrigas impostas noutras normas legais ou regulamentarias.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións.
  1. De acordo co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, mediante este decreto créanse os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios comprensivos destas, outorgadas de conformidade co disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e de sancións nesta materia.

  2. Correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda a organización, dirección e xestión destes rexistros.

Artigo 2º Funcións básicas dos rexistros.

Son funcións básicas dos rexistros:

  1. A ordenación e xestión das bases de datos que permitan o acceso á información prevista neste decreto.

  2. A coordinación coas bases de datos establecidas, ou que poida establecer a Unión Europea, a Administración xeral do Estado, as administracións doutras comunidades autónomas ou outros entes públicos.

  3. A colaboración con órganos ou entidades de control das axudas e subvencións.

  4. A publicidade das axudas e subvencións nos termos previstos neste decreto, con carácter meramente informativo, e sen prexuízo da que lles corresponda realizar aos órganos xestores ou beneficiarios destas en virtude de norma legal ou regulamentaria.

Artigo 3º Obxecto dos rexistros.
  1. Nos rexistros constarán, nos termos que se establecen neste decreto e nas disposicións que o desenvolvan, os datos relevantes para a súa finalidade.

  2. O Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios comprenderá os datos relativos aos seguintes actos, acordos ou disposicións:

    1. Bases reguladoras e convocatorias de axudas e subvencions.

    2. Actos de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR