Resolución do 28 de xuño de 2005, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte coa denominación Común de Montes; A Chaira; Coto do San Marco; Sarandín; Sobrecurras; Val da Míllara; Coto do Fulión; A Rasa e As Portelas, a favor dos veciños da parroquia de Anllo (Santiago), no concello de San Amaro (Ourense).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyResolución

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vinte e oito de xuño de dous mil cinco, adoptar o seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación de Común de Montes; A Chaira; Coto do San Marco; Sarandín; Sobrecurras; Val da Míllara; Coto do Fulión; A Rasa e As Portelas, por solicitude dos veciños da parroquia de Anllo (Santiago), do concello de San Amaro (Ourense).

Resultando que con data do 20 de setembro de 2001, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, escrito dirixido ao Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños representantes da parroquia de Anllo, concello de San Amaro (Ourense), no que solicita que se declare o monte Común de Montes; A Chaira; Coto do San Marco; Sarandín; Sobrecurras; Val da Míllara; Coto

do Fulión; A Rasa e As Portelas, como veciñal en man común.

Resultando que o Xurado Provincial, en sesión celebrada o 9 de xullo de 2002, acordou tomar en consideración o citado escrito e iniciar o expediente de clasificación do monte designando instrutores deste a Belén Bris Marino e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo na mesma sesión. Remitíronse comunicacións dirixidas aos veciños de Anllo, á Deputación Provincial de Ourense, ao Concello de San Amaro, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, ao Servizo de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente, á Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e ao Rexistro da Propiedade do Carballiño.

Publicáronse edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Amaro, segundo consta en dilixencia estendida ao dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado dun mes os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos.

O Concello de San Amaro remite o 5 de xaneiro de 2005 as alegacións feitas polo presidente da Comunidade Veciñal en Man Común do monte Carqueixal e Campo da Esperela, relativas ao linde do citado monte veciñal, sito no concello de Leiro co concello de San Amaro.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Carballiño, como segue:

Asento número 175, do diario 36, anotación preventiva letra a, folios 222 ao 225 do libro 43 de San Amaro, tomo 485, leiras 6.456 á 6.459 e aos folios 1 ao 5 do libro 44 de San Amaro, tomo 507 do arquivo, leiras...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR