Resolución do 16 de setembro de 2010, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, polo que se regulan as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, modificado polo Decreto 96/2004, do 13 de maio, e en uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I desta resolución, polas cales se rexerá a concesión de subvencións ás empresas xornalísticas e de radiodifusión radicadas en Galicia e efectuar a convocatoria para o ano 2010.

Artigo 2º Solicitudes.
  1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

  2. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como ocultar datos, alteralos ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3º Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes, dirixidas ao secretario xeral de Medios, poderán presentarse preferentemente no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Poderán, así mesmo, presentarse por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º Financiamento.

A contía global das axudas non poderá exceder de 1.620.035 € e financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.30.461A.470.1 por importe de 35.469 € e 04.30.151A.470.1 por importe de 1.584.566 € dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2010, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias nos termos do artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A distribución dos créditos para o exercicio 2010 efectuarase do seguinte xeito:

-Empresas xornalísticas: 1.370.035 €.

-Empresas de radiodifusión: 200.000 €.

-Empresas que transmitan a súa actividade diaria a través da internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación: 50.000 €.

Artigo 5º Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a seis meses.

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2010.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Medios

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas e de radiodifusión radicadas en Galicia que estean debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten.

    Para os efectos desta resolución entenderase:

    1. Por empresas xornalísticas e de radiodifusión, as que teñan por obxecto da súa actividade, entre outras, a edición e distribución de xornais diarios co mesmo título e numeración sucesiva, as empresas radiofónicas privadas e aquelas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través da internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación.

    2. Por empresas radicadas en Galicia aquelas que conten cun cadro de persoal estable de cando menos cinco traballadores que presten os seus servizos no ámbito territorial de Galicia e que elaboren e difundan toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma.

  2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2º Actuacións subvencionables.
  1. Poderán solicitar as axudas obxecto destas bases as empresas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.

  2. Quedan excluídos da concesión de axudas:

  1. Os boletíns interiores de institucións.

  2. As publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.

  3. As publicacións de distribución gratuíta.

  4. As empresas que emitan a través de sinal de televisión.

  5. As que, ao longo do ano 2009, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.

Artigo 3º Compatibilidade.

As axudas previstas nestas bases serán compatibles con outras axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais sempre que a acumulación de axudas non supere o custo total da actividade subvencionada e se respecten as condición establecidas en cada réxime de axudas na normativa nacional e comunitaria aplicable.

Artigo 4º Documentación.
  1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse nos lugares e prazo que se indican na convocatoria.

  2. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación, en orixinal ou fotocopia compulsada, de ser o caso:

    1. Empresas xornalísticas:

  3. Fotocopia do NIF ou, de ser o caso, do CIF da empresa. Fotocopia do DNI do representante legal da empresa, que non será necesario presentar, no caso de que autorice a Secretaría Xeral de Medios para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.

  4. Testemuño auténtico da escritura de poder cando o solicitante actúe en representación da persoa física ou xurídica titular do medio.

  5. Certificación actualizada da inscrición no Rexistro Mercantil, ou no do órgano correspondente.

  6. Memoria asinada en que se fagan constar os números publicados desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2009, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR