Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos

A nova Consellería de Vivenda e Solo quere evidenciar a súa vontade de compromiso co patrimonio herdado e coa mellora da calidade e das condicións de vida das poboacións residentes en conxuntos históricos, núcleos e aldeas mediante políticas de axudas e subvencións a rehabilitación e renovación, con criterios ambientais de sustentabilidade, aforro enerxético e respecto da calidade e do patrimonio arquitectónico e territorial, facendo unha aposta firme de políticas de axuda e mellora na conservación do rico e variado patrimonio herdado como medio de mantemento da memoria e proceso de modernización con actuacións respectuosas. É tamén vontade da consellería mudar para ben as condicións de vida das persoas que residen nestes espazos e nesta arquitectura, recuperando a convivencia e o dinamismo económico destes lugares, ás veces degradados ou en estado de abandono. É tamén obxectivo da consellería rexuvenecer a súa poboación con políticas de fomento destas vivendas en réxime de aluguer. Recuperar patrimonio construído de calidade sen uso e favorecer a convivencia social en espazos públicos rehabilitados e recuperados para usos novos merece a asignación de diñeiro público mediante a concesión de axudas e subvencións. Esta posta en valor do patrimonio, da arquitectura, e de moitos ámbitos declarados xa patrimonio da humanidade é para a Consellería de Vivenda e Solo un proxecto de desenvolvemento social, económico e ambiental, e, así mesmo, patrimonial e territorial. Estas actuacións teñen, pois, que servir para a recuperación de materias e técnicas construtivas esquecidas, a creación de emprego mediante a formación, o uso de novas tecnoloxías que preserven e melloren a arquitectura herdada na busca dunha mellor calidade de vida e benestar de habitantes e visitantes. Este proxecto estratéxico incide tamén no estudo, investigación e difusión a nivel galego e internacional nos ámbitos da construción, da enerxía, da sustentabilidade e da posta en valor dos recursos propios (fábricas de pedra, madeira, etc.), de aí a necesidade da publicación dun decreto de todas a medidas de rehabilitación e renovación e calidade no medio rural e nos conxuntos históricos de Galicia.

O 31 de decembro de 2005 finalizou o prazo de presentación de solicitudes dos decretos 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación protexida de vivendas no medio rural de Galicia, 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrución protexida de vivendas no medio rural de Galicia e 234/2003, do 3 de abril, sobre subvencións para

a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

Sen prexuízo de que as solicitudes presentadas dentro de prazo continúen a súa tramitación ao abeiro destas normativas, cómpre agora dar un paso adiante e iniciar unha nova etapa en prol dun maior nivel de calidade na rehabilitación das vivendas e edificios destes ambientes especialmente sensibles e ameazados de abandono e destrución do valioso patrimonio construído.

Cómpre, así mesmo, reestruturar a dispersión normativa unificando e simplificando nunha soa disposición os criterios e procedementos e axudas.

Neste senso, o presente decreto recolle os requisitos, procedementos e incentivos en forma de axudas para unha rehabilitación e renovación de calidade das vivendas e edificios, tanto no medio rural, como nos conxuntos históricos de Galicia.

Para este fin, a presente disposición delimita o ámbito da súa aplicación, crea a cédula de rehabilitación de calidade que será regulada por orde da Consellería de Vivenda e Solo e crea e establece os criterios básicos das subvencións e incentivos que se instrumentarán mediante ordes anuais de convocatoria que determinarán a contía dos recursos para cada exercicio orzamentario.

En virtude do anterior, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto o fomento da rehabilitación de calidade que, ademais de promover vivendas en condicións dignas de habitabilidade, contribúa á conservación e posta en valor do importante patrimonio construído no medio rural e nos conxuntos históricos de Galicia, a fixar a súa poboación e a revitalizar o seu contorno.

Todo isto mediante a creación da cédula de rehabilitación de calidade e mediante subvencións a fondo perdido que axuden as persoas promotoras de baixos ingresos do medio rural e incentiven as persoas promotoras de actuacións en inmobles dos conxuntos históricos galegos.

Artigo 2º Ámbito.

O ámbito de aplicación deste decreto esténdese a:

  1. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR