Decreto 168/2006, do 14 de setembro, polo que se derroga o Decreto 293/2002, do 26 de setembro, de creación do Centro de Estudios Locais de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 293/2002, do 26 de setembro, publicado no DOG nº 206, do 24 de outubro, foi creado o Centro de Estudios Locais de Galicia como centro superior de formación con carácter de órgano de proposta e asesoramento en materia de accións formativas e de fomento de estudos e investigacións relacionados coas administracións galegas, integrado na Escola Galega de Administración Pública.

De acordo co estipulado no artigo 4º do referido decreto, o obxectivo que se quere conseguir coa creación deste centro é realizar propostas e procurar a mutua coordinación entre as distintas administracións e entidades intervenientes -as consellerías competentes en materia de función pública e Administración local, as catro deputacións provinciais de Galicia e os catro colexios provinciais de funcionarios de Administración local con carácter de habilitados nacionais - en materia de formación, estudos, informes e publicacións.

Durante os anos transcorridos desde a súa creación non se lograron acadar os obxectivos fundamentais que se recollen, tanto na parte expositiva, como no artigo 4º do referido decreto, e que xustificaban a existencia do centro.

Considérase, xa que logo, máis aconsellable que a colaboración entre as entidades intervenientes na constitución deste centro se leve a cabo a través doutros mecanismos.

Así, con data do 9 de xuño de 2006, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza procedeu a denunciar o convenio de colaboración asinado con data do 24 de xullo de 2002 entre a dita consellería, a Escola Galega de Administración

Pública, o representante dos colexios galegos de funcionarios de Administración local con habilitación nacional e as catro deputacións provinciais de Galicia, para a creación dun Centro de Estudios Locais de Galicia, constitución que se fixo efectiva mediante o referido Decreto 293/2002, do 26 de setembro.

Por tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Queda derrogado o Decreto 293/2002, do 26 de setembro, de creación do Centro de Estudios Locais de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as disposicións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR