Decreto 172/2006, do 14 de setembro, polo que se desafectan do dominio público os predios que forman parte do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo que expropiará a Deputación Provincial da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Por Decreto 67/2004, do 11 de marzo, declarouse a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 0106 de Ameás a Oza dos Ríos do punto quilométrico 4,00 ao 8,60 (Concello de Abegondo); a dita expropiación afectaría a bens inmobles que integran o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, sendo de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e natureza demanial.

Con data do 3 de xaneiro de 2005, notifícase á Comunidade Autónoma de Galicia o intento de mutuo acordo respecto do prezoxusto dos distintos predios do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, afectados polo devandito expediente de expropiación.

Con data do 14 de marzo de 2006 emite informe o Servizo Técnico de Inventario sobre a desafectación de terreos que forman parte do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo que expropiará a Deputación Provincial da Coruña (E.P. 0106 ampliación e mellora do trazado da E.P. de Ameás a Oza dos Ríos).

Conforme o artigo 10 da Lei 3/1985, do 23 de decembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, en concordancia co artigo 24 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 12 de abril, a desafectación deberase facer mediante resolución do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, debendo adoptar forma de decreto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Autorízase a desafectación das parcelas que, segundo a documentación que consta no Inventario de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma, se integran no Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo, de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, e que resultarían afectadas polo expediente de expropiación forzosa promovido pola Deputación Provincial da Coruña para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial 0106 de Ameás a Oza dos Ríos do punto quilométrico 4,00 ao 8,60 (Concello de Abegondo).

Artigo 2º

As parcelas obxecto de expropiación parcial sobre as que recaería a desafectación, son as que, á vista do catastro, se describen no anexo adxunto.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR