Resolución do 23 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construción.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo do sector da construción, con nº de código 3600435 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 4-8-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, con data do 29-7-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu deposito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercerio.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da construción 2004

Artigo 1º Partes asinantes.
  1. Son partes asinantes do presente convenio, dunha banda a Federación do Metal, Construcción e Afíns

    da UGT (MCA-UGT) e a Federación de Construción, Madeira e Afíns de CC.OO. (Fecoma-CC.OO.) como representación laboral, e da outra banda a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra, APEC, en representación empresarial.

  2. Ambas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negociar o presente convenio.

Artigo 2º Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3º do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servizos nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servizos nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen a calquera das actividades que figuran no convenio xeral da construción, agás aquelas que teñen convenio propio.

Artigo 4º Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, contado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2004. Para evitar do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º Procedementos de denuncia.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para para iniciar a negociación do convenio que o substitúa.

Artigo 6º Condicións máis beneficiosas.

Todas as melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actuais existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Artigo 7º Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen ningún efecto no suposto de que a xurisdición competente modificase, anulase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobase a totalidade do seu contido, que debe ser un e indivisible na súa aplicación.

Artigo 8º Comisión paritaria.
  1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 12 membros que serán designados por metade por cada unha das partes, sindical e empre

    sarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

  2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que interpreten este convenio, terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

  3. A comisión reunirase, polo menos, unha vez ao trimestre, e o seu funcionamento realizarase da forma que esta acorde.

Artigo 9º Funcións e procedementos da comisión paritaria.
  1. A comisión paritaria á que se refire o artigo anterior, terá as seguintes funcións:

    1. Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

    2. Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

    3. Por instancia dalgunha das partes mediar e/ou tentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e por solicitude destas, arbitrar en cantas cuestións e conflitos, todos eles de carácter colectivo poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

    4. Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

  2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdicional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflitos colectivos, de carácter xeral, poidan suscitarse en relación coa interpretación e aplicación del, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no punto anterior, co fin de que mediante a súa intervención, se resolva o problema suscitado ou, se iso non fose posible, emita ditame ao respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto 5 sen que se emitise resolución ou ditame.

  3. Sen prexuízo do pactado no punto 3 do artigo anterior, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se pomovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poidan examinar e analizar o problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

    1. Exposición sucinta e concreta do asunto.

    2. Razóns e fundamentos que entenda lle asisten ao propoñente.

    3. Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

    Ao escrito-proposta xuntaránselle cantos documentos se consideran necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

  4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor ou máis completa información

    do asunto, para o que se lle concederá un prazo ao propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

  5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, de ser o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolver a cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emitir o oportuno ditame. Transcorrido dito prazo sen terse producido resolución nin ditame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdicional competente.

  6. As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 10º Probas de aptitude.
  1. As empresas, previamente no ingreso, poderánlles realizar ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR