Resolución do 12 de setembro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello da Coruña (código convenio 1504292) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-6-2005, complementado o 2-8-2005, subscrito en representación da parte económica polo Concello da Coruña, e da parte social polas seccións sindicais de UGT e CC.OO. o día 26-4-2005 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de setembro de 2005.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Representación e ámbito persoal.
  1. As partes que concertan este acordo son o Concello da Coruña e o seu persoal laboral, representado polas organizacións sindicais de UGT e CC.OO., constituídos en Comisión de Negociación ao amparo do establecido no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

  2. As normas contidas neste convenio colectivo serán de aplicación a todo o persoal laboral fixo, así como ao persoal indefinido suxeito á lexislación laboral, con excepción, se é o caso, do persoal de alta dirección definido segundo o establecido no artigo 2.1º do Estatuto dos traballadores. As normas contidas neste convenio aplicaranse así mesmo ao persoal laboral eventual, coas adaptacións singu

lares que se deriven deste e de cada contrato individual, e no que sexa compatible coas particularidades da súa específica relación laboral.

Artigo 2º Ámbito temporal e vixencia.
  1. Con independencia da data en que sexa asinado polas partes, e unha vez aprobado polo Pleno da Corporación Municipal e publicado no BOP, este acordo terá unha vixencia inicial dende o día 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007.

  2. O convenio poderá ser denunciado por calquera das partes dentro dos dous meses inmediatos anteriores ao remate da súa vixencia inicial. Esgotada a súa vixencia sen que se producise denuncia expresa, considerarase tacitamente prorrogado por períodos anuais sucesivos respecto da data na que finalizaba a súa vixencia, podendo calquera das partes denuncialo durante este período. Unha vez denunciado, permanecerá vixente o seu contido normativo, en tanto non sexa substituído por un novo convenio.

Artigo 3º Obxecto.

O presente acordo regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal laboral do Concello da Coruña, derroga os anteriores acordos e convenios e renova aquelas materias que expresamente se manteñan e nas que se produzan alteracións.

Artigo 4º Carácter.

O convenio ten un carácter mínimo necesario e indivisible para todos os efectos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico unitario e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente, vinculadas á totalidade.

Artigo 5º Vinculación orzamentaria.

Sen prexuízo das previsións de actualización salarial previstas no presente convenio, o resto de condicións económicas serán negociados polas súas partes asinantes dentro das previsións orzamentarias municipais de cada exercicio económico.

Artigo 6º Condicións máis beneficiosas.

As melloras establecidas noutras disposicións de calquera rango aplicables á Administración local, e todas aquelas situacións colectivas que comparadas analítica ou globalmente sexan superiores ás do acordo no dito ámbito, serán de aplicación de acordo co principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para os traballadores.

As condicións económicas establecidas no presente acordo compensarán todas as existentes á súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza.

Artigo 7º Irrenunciabilidade.

Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos traballadores a calquera dos beneficios establecidos no acordo. Así mesmo, tacharase de nulidade, entendéndose como non disposto e sen

efecto ningún, calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos beneficiosas para os traballadores do Concello da Coruña.

Artigo 8º Aplicación favorable.

Trala consulta á Comisión de Seguimento e Interpretación do presente convenio, todas as condicións establecidas no acordo deberán ser interpretadas e aplicadas da forma que resulte máis beneficiosa para os empregados do concello, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ao seu sentido e alcance.

Artigo 9º Interpretación.
  1. O sentido e alcance das condicións establecidas no presente convenio, deberán entenderse e aplicarse de acordo coa súa organicidade.

  2. Sen prexuízo do establecido no artigo 8º anterior e co fin de que as omisións, lagoas, ou ambigüidades non cheguen a perturbar o recto sentido do pactado no acordo, empregarase os seguintes elementos interpretativos do seu texto:

  1. O elemento histórico, resultante das experiencias nas relacións laborais no concello, eventualmente reforzado por aproximación a outros acordos nos que interveñan similares grupos profesionais e institucionais.

  2. O elemento da finalidade social do acordo, autolimitado aos efectos interpretativos polo principio de que nas declaracións de vontade, o principal prevalece sobre o secundario e o útil prima sobre o inútil.

  3. O elemento lóxico ou criterio de racionalidade.

Artigo 10º Aplicación directa.

As partes asinantes do acordo comprométense á súa aplicación directa e a non promover cuestións que poidan supoñer modificacións das condicións pactadas.

Artigo 11º Aplicación preferente.

As disposicións que contén o presente acordo aplicaranse con preferencia sobre calquera outra e, en todo caso, serán de aplicación supletoria da correspondente normativa vixente.

Artigo 12º Exclusión doutros acordos.

Durante o período de vixencia do acordo, non será de aplicación no Concello da Coruña ningún outro convenio colectivo que poida afectar ou se referir ao mesmo ámbito de aplicación persoal que se recolle no artigo 1º deste texto.

Artigo 13º Publicidade e difusión do acordo.
  1. O presente acordo remitirase á oficina pública á que fai referencia a Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical, e será publicado no BOP inmediatamente despois da súa aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

  2. O concello promoverá e facilitará que todo o persoal ao seu servizo dispoña dun exemplar deste acordo.

Artigo 14º Conflitividade laboral.

As partes asinantes do acordo comprométense a esgotar a vía do diálogo e da negociación e, se é o caso, da mediación e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR