Decreto 186/2007, do 20 de setembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun inmoble feita polo Concello de Vigo á Comunidade Autónoma de Galicia, con destino á instalación da escola de arte dramática.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 2 de outubro de 2006 acordou a cesión dunha parcela á Comunidade Autónoma de Galicia para a instalación da escola superior de arte dramática de Galicia.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vigo acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Vigo, dun terreo que se describe como segue:

Parcela E4-2, sita na etapa III, fase A, do polígono de Navia, concello de Vigo. Mide a superficie de oito mil cincocentos metros cadrados. Linda: norte, parcelas S4-1 e S4-2; sur, espazo libre P-3; leste, rúa 2-f; e oeste, parcela E4-1.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº tres de Vigo, parcela nº 72091, libro 1316, folio 141...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR