Decreto 234/2004, do 23 de setembro, polo que se autoriza o cambio de denominación da Facultade de Ciencias Empresariais do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo, que pasará a denominarse Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades establece no seu artigo 8.2º que a creación, modificación e supresión de facultades, escolas técnicas ou politécnicas superiores e escolas universitarias ou escolas universitarias politécnicas, así como a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, ben por proposta do Consello Social ou ben por propia iniciativa co acordo do referido Consello, en todo caso logo de informe do Consello de Goberno da universidade.

Pola súa banda, a Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades establece no seu artigo 5. f) que lle corresponde ao Consello Galego de Universidades emitir informe sobre as propostas de creación, modificación ou supresión de facultades, escolas técnicas ou politécnicas superiores e escolas universitarias ou escolas universitarias politécnicas.

Polo Decreto 265/2003, do 15 de maio (DOG do 23 de maio), concédese autorización para implantar na Universidade de Vigo, entre outros, os estudos conducentes á diplomatura de Turismo na Facultade de Ciencias Empresariais do Campus de Ourense.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, presentou expediente para o cambio da denominación da Facultade de Ciencias Empresariais do Campus de Ourense polo de Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Xustifícase o dito cambio de denominación por razóns de identificación cos estudos que se imparten na citada facultade, polo que a nova denominación identifica con máis exactitude o ámbito actual propio das titulacións impartidas nela.

Por todo isto, de conformidade co disposto no citado artigo 8.2º da Lei 6/2001, por instancia do Consello Social da Universidade, co informe do Consello de Goberno da Universidade de Vigo e do Consello Galego de Universidades, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil catro

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Autorízase o cambio de denominación da Facultade de Ciencias Empresariais do Campus de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR