Resolución do 27 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se anuncia a convocatoria pública para a designación dos/as vogais do Consello Galego da Inmigración, en representación das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos inmigrantes no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

O Consello Galego da Inmigración creouse polo Decreto 127/2006, do 27 de xullo (Diario Oficial

de Galicia nº 150, do 4 de agosto), como un órgano colexiado de consulta, asesoramento e colaboración integrado na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emigración. A súa finalidade é contribuír a desenvolver unha política activa e integral de inmigración, coordinada e eficaz, baseada na integración social das persoas inmigrantes, a través da consulta e participación de todos os axentes implicados.

Para acadar os seus obxectivos, no Consello Galego da Inmigración deben estar representados os sectores máis relevantes que actúan no eido da integración social dos/as inmigrantes. O devandito decreto establece directamente a participación e forma de designación dos/as vogais representativos/as das administracións públicas, autonómica e local de Galicia, da Administración do Estado, das organizacións sindicais, profesionais agrarias e empresariais e das tres universidades galegas.

En relación coas entidades de iniciativa social, o decreto de creación do consello, no seu artigo 8.2º, dá cabida ás asociacións de inmigrantes que actúan no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma galega, asignándolles seis vogais, e ás organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración social dos inmigrantes en Galicia, ás que asigna tres vogais.

Para proceder á súa designación o artigo 9 establece que a Secretaría Xeral de Emigración efectuará unha convocatoria pública para regular o proceso de selección e votación previo ao seu nomeamento, o que se vén realizar a través da presente resolución.

Para tal fin establécense os requisitos que deben cumprir as citadas asociacións e organizacións, así como a documentación que deben presentar en cada caso. Así mesmo, establécese o procedemento de votación e a forma de selección dos/as vogais garantindo, no caso das asociacións de inmigrantes, a representatividade das distintas áreas xeográficas de procedencia da inmigración.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto desta resolución é anunciar e regular a convocatoria pública pola que se procederá á selección dos vogais do Consello Galego da Inmigración en representación das asociacións de inmigrantes e das organizacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración dos inmigrantes na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no artigo 9 do Decreto 127/2006, do 27 de xullo.

Artigo 2º Requisitos das asociacións e organizacións participantes.

As asociacións de inmigrantes que actúen no ámbito da Comunidade Autónoma galega, e as organi

zacións sen fins de lucro que traballan en favor da integración dos inmigrantes en Galicia que desexen participar neste proceso de selección, deberán reunir os seguintes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR