Decreto 171/2006, do 14 de setembro, polo que se modifica o Decreto 222/2001, do 7 de setembro, polo que se cede, a título gratuíto, unha parcela ao Concello de Santiago de Compostela, situada en San Lázaro, no termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

En virtude dos compromisos asumidos polo convenio de cooperación urbanístico asinado con data do 29 de xullo de 1996 entre a Consellería de Economía e Facenda e o Concello de Santiago de Compostela, acordouse, por Decreto 222/2001, do 7 de setembro (DOG nº 188, do 27 de setembro) a cesión a título gratuíto, a favor do Concello de Santiago de Compostela dunha parcela situada en San Lázaro, termo municipal de Santiago de Compostela, con destino a uso público municipal (equipamento deportivo, espazos libres e vías complementarias).

Posteriormente, mediante addendas ao referido convenio de cooperación urbanística asinadas o 9 de xuño e o 19 de decembro de 2005, acordouse que as obras das instalacións deportivas executarías a Consellería de Economía e Facenda, e non o concello, como estaba inicialmente previsto.

Na aceptación da cesión realizada polo Concello de Santiago de Compostela o 24 de outubro de 2005, poñense obxeccións á condición establecida na letra b) do artigo 2 do Decreto 222/2001, por fixar un prazo para aplicar o ben cedido ao fin da cesión contados desde a data de outorgamento da escritura pública, dado que finalmente as obras as executará a Consellería de Economía e Facenda.

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro,

de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modificar a letra b) do artigo 2 do Decreto 222/2001, do 7 de setembro, polo que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR