Decreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Nos tramos finais dos ríos existe unha zona de influencia mariña que permite a coexistencia de especies específicas de cada unha das augas, ademais doutras que, pola súa condición de migradoras, pasan unha parte da súa existencia nunhas ou noutras augas.

As zonas estuáricas con frecuencia presentan ós pescadores incertezas respecto das normas que resultan de aplicación en cada caso, pois resulta nalgúns casos dificultoso determina-lo ámbito de eficacia das normas que regulan a pesca marítima e a fluvial.

Nestas zonas, nas que se mesturan as augas continentais coas mariñas, parece lóxico que sexa necesaria unicamente a disposición dunha soa licencia, que habilita o exercicio da pesca recreativa.

Por outra banda, estímase que a pesca é unha actividade de grande interese social que reclama unha especial promoción por parte dos poderes públicos e é por iso oportuno arbitrar medidas que estimulen nos máis novos e nos maiores a práctica desta actividade.

Por todo iso, e no uso das facultades previstas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por iniciativa dos conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos e de Medio Ambiente e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración

Pública logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de setembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O exercicio recreativo da pesca desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente.

Ambas licencias habilitan, nestas zonas, para a pesca tanto das especies marítimas como das fluviais non anádromas.

A pesca das especies fluviais anádromas esixirá dispor da licencia de pesca fluvial, cos seus correspondentes recargos.

Artigo 2º

Nas zonas de desembocadura non relacionadas no artigo anterior, o límite superior será o que acaden as mareas vivas, e o inferior a liña imaxinaria que une as puntas da embocadura en ámbalas marxes.

Artigo 3º

Os horarios de pesca serán os establecidos na normativa de pesca fluvial.

Artigo 4º

En canto ás modalidades e engados para a pesca serán os que resulten axeitados para cada especie, e que non estean especificamente prohibidos por algunha disposición legal.

As especificacións de cota de pezas para cada especie serán as que se establezan en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR